El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Superou ao Orillamar da Coruña (0-2)

P1970446

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sumou unha nova vitoria a domicilio, segunda consecutiva, despois de superar ao Orillamar da Coruña no campo de Elviña (0-2).

Despois de ganar a anterior xornada no campo de A Gándara ao Valladares, os pabellonistas repetiron marcador a domicilio e prácticamente co mesmo guión. Novamente o equipo tomaría vantaxe de dous goles na primeira metade anotados por Fidalgo e Osián e a partir de ahí os de Cándido Gómez controlaron a situación diante dun rival necesitado de puntos para eludir o descenso. Ver ficha técnica.

Este triunfo unido á derrota do Victoria co Calasanz (1-2) no derbi coruñés, deixa aos pabellonistas a cinco puntos da segunda praza de ascenso a falta de oito xornadas para o remate da competición. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben ao Porriño Industrial.

Superou ao Orillamar da Coruña (0-2)