El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA CADETE

Superou á EDC Barbadás cun gol en cada tempo (2-0)

P2000377

O Pabellón "B" da Liga Galega Cadete encadeou a terceira vitoria consecutiva para manter a unha distancia prudente os seis descenso que pode acarrear a competición.

Os de Miguel Alonso fixéronse con tres puntos moi importantes a costa dun rival que tamén se xogaba moitísimo no partido. Ao descanso chegaríase con vantaxe mínima dos pabellonistas (1-0) despois de que Mauro anotase un penalti moi protestado polos visitantes.

Aos cinco minutos da reanudación, e despois de que o meta do Barbadás evitase o gol por dúas veces e un defensor cortase sobre a raia un balón que xa entraba, Héctor anotaría o segundo tanto dos locatarios que resultaría definitivo. O Barbadás estiraría liñas e posteriormente tivo dúas boas accións que foron abortadas polos branquiverdes. Ver ficha técnica.

Despois deste marcador o equipo suma 43 puntos ubicado na sétima praza, a cinco da zona de descenso por arrastre. Ver clasificación.

Superou á EDC Barbadás cun gol en cada tempo (2-0)