Coronavirus
A RFGF emitiu u Comunicado á espera de novas este mércores
A Real Federación Galega de Fútbol fixo público un Comunicado este martes sobre as 19.30 horas ao fio do emitido pola Real Federación Española de Fútbol sobre as 16 horas, como consecuencia dun conxunto de medidas adoptadas polo Goberno de España, e comunicada aos estamentos federativos polo Consello Superior de Deportes, á vista da situación xerada pola trasmisión do COVID-19.
Para ver o Comunicado da Real Federación Española de Fútbol PINCHA AQUÍ e para ver o Comunicado da Real Federación Galega de Fútbol PINCHA AQUÍ.
En ambos documentos queda claro que o partido da Liga Nacional Xuvenil entre Pabellón CF e ED Val Miñor "B" programado para este sábado ás 16 horas nos Remedios, será a porta pechada e á espera de novas decisións.
A RFGF indica no seu Comunicado que este mércores (18 horas) está programada unha reunión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia con todas as federacións deportivas galegas.