Enfermería

Malditas lesións

Ata oito xogadores do club de diferentes categorías están actualmente no dique seco por lesións de larga duración, algúns deles apenas puideron participar nos diferentes partidos da competición.

Ander Villa (Cadete A) foi o último mancado de consideración, sufriu unha fractura de peroné, no partido que disputou o División de Honra no campo de Condomínguez contra o Val Miñor o pasado domingo. O bravo centrocampista branquiverde perderase o resto de tempada.

O seu compañerio de equipo, Álex Riveiro, tamén estivo varias semanas parado tras caer no enfrontamento co Arousa nos Remedios da xornada vinte e oito. O pasado luns comezou a adestrar fóra do grupo.

O primeiro mancado da tempada foi Álex Calvar (Xuvenil A). O porteiro de Redondela que se incorporara esta campaña procedente do Choco, non puido debutar.

Ao longo do curso deportivo foron caendo máis deportistas como foron os casos de Álex Castilla e Jorge Bermello (Cadete Promesas), Iker Regueira e Moisés Iriarte (Cadete B) e Javier Babarro (Alevín PCF).

A todos eles desexásmoslle un bo proceso de recuperación e un rápido retorno aos campos de fútbol.