El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª AUTONÓMICA XUVENIL-PLAY OFF

Cedeu ante un Velle que foi superior unha hora (4-5)

Xuvenil C

O Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil estivo a piques de rescatar un punto no tramo final do partido despois de que o Velle tivese unha renda suculenta ata avanzada a segunda parte (4-5).

As cousas puxéronse moi difíciles para os de Marcial González cando ao minuto de xogo encaixaba o primeiro gol e no vinte e un recibía o segundo (0-2). Parecía que o equipo conseguiría meterse no partido cun tanto de Pablo Míguez pero os visitantes volverían a por terra polo medio con dúas dianas máis. Cada vez que o balón rondaba pola área branquiverde, o equipo rival facía "caixa".

Cun marcador de 1-4 apenas pasada a media hora parecía que lle sobrarían minutos ao partido pero a pouco do descanso Antón marcaría o segundo dos pabellonistas para abrir un raio de esperanza de cara á segunda parte. Sen embargo, o retorno de vestiarios resultou fatídico para o Pabellón xa que aos sete minutos chegaría o quinto dos forasteiros. Misión imposible.

Despois duns minutos sen novidades o equipo tirou de orgullo para recortar distancias co tanto do cadete Gabriel e máis tarde chegaría o cuarto obra de Rodrigo que situaba a cousa nun 4-5. Restaban máis de dez minutos, intensos e emocionantes, nos que os pabellonistas buscaron a machada ante un Velle que intentaba manter esa renda mínima e que acabaría pedindo a hora. Finalmente o resultado permenceu inamovible. Ver ficha técnica.

Tres derrotas consecutivas nas que o equipo encaixou doce goles -case a metade dos que leva recibido- o relegan á oitava praza do Play Off. Ver clasificación.

Cedeu ante un Velle que foi superior unha hora (4-5)