María foi a primeira muller que adestrou no club
María J. Caramés adestrará ao equipo Alevín “B”
María J. Caramés será a encargada de adestrar ao equipo Alevín “B” na tempada 2020-2021.
![María](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/pabelloncf/images/2020/09/01/2020090123002956206.jpg)
José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de María J. Caramés na dirección do noso equipo Alevín “B”, que xogará en 2ª División.
María J. Caramés foi a primeira muller en formar parte do corpo técnico dun equipo do club, facendo tándem con Manolo Dapena, na tempada 2009/2010.
Tamén estivo durante varios anos como monitora na Escola do club, pasando a adestrar a equipos de fútbol sala e fútbol 8.
“Gustaríame transmitirlle os nenos o meu entusiasmo e paixón polo fútbol.”