Marcos Ruido será o encargado de adestrar ao noso Infantil Promesas que esta tempada 2020-2021 disputará a Liga Galega.
J. Andrés Vispo como Vicepresidente do Pabellón Promesas, Felipe Quintela como directivo do Pabellón C.F. e Fernando J. Martínez Lamas como Presidente do Pabellón Promesas, fan a presentación de Marcos Ruido na dirección do noso Infantil Promesas, que este ano participará na Liga Galega Infantil Grupo Sur.
Marcos Ruido ten o Título de Monitor e o Título Uefa “B” de fútbol. É un rapaz xoven pero con experiencia no fútbol base. Leva anos como axudante na Escola Deportiva Ourense, varios anos adestrando no mesmo club e o ano pasado debutou no Pabellón Promesas.
Como xogador estivo dende pequeno en equipos de Fútbol Sala; Coinasa Ourense FS, Ponte Ourense, Irixo FS, Sala Ourense e Couto Ourense FS
“Valores como o compromiso e o esforzo ademáis dunha boa cohesión grupal axudaranos para encarar a volta competitiva e o salto de categoría. Gústanme os equipos valentes con toma de decisión, adaptaremos un sistema de xogo en base as nosas cualidades.”