FÚTBOL 11

Máis equipos inician a pretempada

Na mañá deste luns sumáronse dous equipos máis ao traballo de pretempada. Por un lado o Xuvenil B da Preferente Futgal púxose ás órdes de Jorge Regal, que terá como axudante a Rodrigo Galán.

Mentres, os Infantís do 2013 tamén se puxeron o mono de traballo con Marcos Domínguez ao frente e axudado por Ramón Giraldo e Juan Varela e Marcos Varela, que estarán a cargo do Infantil B da Primeira Futgal, que estará integrado por xogadores de primeiro e segundo ano.