Os infantís Matías López e Joel Moreta, a Cádiz coa Galega S-14
Seguen as convocatorias das diferentes Seleccións Galegas e Ourensáns e sete xogadores branquiverdes están citados para este martes e mércores.
Por un lado, Matías López e Joel Moreta, ambos xogadores do Pabellón Promesas da Liga Galega Infantil, entraron na lista definitiva da Selección Galega Sub-14. Están citados para este mércores (23 horas) no Estadio Verónica Boquete en Santiago de Compostela. Ambos futbolistas ocupan dúas prazas dos cupos de Sub-13 que obriga o regulamento.
O combinado galego da categoría sub 14 disputará a Fase Prata da cita nacional que se disputará esta fin de semana en Cádiz. Os rivais dos nosos serán Canarias, Castela-A Mancha e Aragón.
O reto non é outro que asegurar unha praza na Fase Final a 4. A esta Fase Final accederán os primeiros clasificados de cada un dos sete grupos e o mellor segundo por coeficiente.
Hoxe a Selección de Ourense Sub-11
Mentres, o campo de O Corgo en Soutopenedo acollerá este martes un novo adestramento da Selección de Ourense Sub-11 na que están citados para as 18.15 horas: Gael Rodríguez, Kevin Pérez, Javier Babarro, Iago Fernández e Konstantin Kruglov, todos eles do Pabellón CF da 1ª Galicia Alevín.