El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

NOVA INCORPORACIÓN AO CLUB

Luís Parada e Julio Casanova adestrarán ao equipo de 2ª Galicia

Julio y Luís

Luís Parada e Julio Casanova serán os encargados de adestrar ao equipo Senior do club na tempada 2020-2021

José Luís Dibuja como coordinador do club, da a benvida ao noso club a Luís Parada, que formará tándem con Julio Casanova na dirección do noso equipo Senior, que este ano participará na 2ª Galicia despois do ascenso da tempada pasada.

 Adestrador con título Nivel 2 de fútbol que chega procedente do Ourense C.F. e que ten unha gran bagaxe en equipos de categoría rexional: C.D. Allariz, U.D. Barbadás “ B”, S.D. Nogueira, C.D. Villaiño, C.D. Caldelao, C.D. Ourense, Soutopenedo C. F., A.D. Covadonga, Ferreira C.F. e C.D. Brollón.

Como xogador militou en equipos como Pabellón C. F., Atl. Ourense, A.D. Amoeiro, C.D. Allariz, S.D. Nogueira, Atl. Villamarín, C.D. Coles, C.D. Cea, C.D. Maceda, C.D. Barra de Miño ou C.D. Trives.

"Gústame que nos meus equipos haxa bo ambiente, disciplina e que os xogadores se divirtan xogando ao fútbol combinado. Caracterízame o traballo e a constancia, e por suposto, imos tentar un novo ascenso".

Luís Parada e Julio Casanova adestrarán ao equipo de 2ª Galicia