LN Xuvenil / Paso adiante coa vitoria en Santiago
O triunfo sobre o Compostela, con goles de Carlos Villar e Abraham, é de dobre valor ao tratarse dun rival directo
O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil disputou este domingo no campo de A Merced-Conxo en Santiago o partido que fora aprazado polas adversas condicións climatolóxicas o 10 de marzo coa SD Compostela correspondente á xornada 25ª, e no que os branquiverdes acabron sumando (0-2) outros tres puntos de moito relevancia. É a segundo vitoria consetuvia dos de Cándido Gómez que catapultan ao equipo ata a oitava praza da táboa na que ata trece equipos están afectados para os cinco postos de descenso -dous directos máis tres arrastres-. Ver clasificación.
O partido en terras santiaguesas dispotouse con moito respeto duns a outros tratando de manter as porterías a cero e intentando aproveitar ao máximo para levarse os tres puntos. Foi un choque de moita paciencia no que os pabellonistas souberon manexarse ben para asestar dous golpes mortais no tramo final do choque cos tantos de Carlos Villar (m.81) e Abraham (m.86). VER FICHA TÉCNICA.
Os tres puntos viñeron para Ourense, o que supón un pasiño máis de cara á permanencia na categoría cando restan seis xornadas. O equipo ten un colchón de sete puntos con respecto á zona de descenso e agora deberá afrontar dúas saídas consecutivas para visitar ao Lugo "B" e Victoria.