El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

CADRO DE ADESTRADORES PABELLÓN C.F., PABELLÓN PROMESAS E PABELLÓN EDO

Cadro de adestradores Pabellón C.F., Pabellón Promesas e Pabellón EDO

RELACIÓN DE EQUIPOS E ADESTRADORES FÚTBOL ONCE 2020-2021
RELACIÓN ADESTRADORES FÚTBOL ONCE 2020-2021

Este sería un resumen dos adestradores do club que xa foron presentados. De momento soamente os de F-11.

Nestas dúas semanas estivemos presentando aos adestradores de F-11 que esta tempada 2020-2021 dirixirán aos equipos do Pabellón C.F., Pabellón Promesas e do Pabellón EDO.

Na categoría Senior debuta Luís Parada, que terá como axudante a Xulio Casanova.

Na categoría Xuvenil seguirán como adestradores os tres do ano pasado. División de Honra: Cándido Gómez, que contará como axudante con Rubén García, Liga Galega: Guillermo García e Liga Provincial: Marcial González que contará como axudante con Xosé M. Salgado.

En categoría Cadete temos dúas novas incorporacións e dous ascensos no club. División de Honra: Jorge de Dios, Liga Galega: Anxo Valcárcel, en Provincial: Juán Carballo que dirixirá ao Pabellón Promesas e Benito Cachaldora ao Pabellón EDO.

Na categoría Infantil teremos tres equipos en Liga Galega. Destacamos un retorno ao club despois de moitos anos: Marquitos Vázquez que adestrará o equipo do Pabellón C.F., Marcos Ruido adestrará ao Pabellón Promesas e David Ramos coa axuda de Alejandro Domínguez ao Pabellón EDO. No referente á Liga Provincial: contaremos con Julio C. Pérez no Pabellón EDO.

Nos próximos días seguiremos con máis presentacións. Estade atentos. Forza Pabe!!!!!

Cadro de adestradores Pabellón C.F., Pabellón Promesas e Pabellón EDO