Primeira Galicia

A lesión do meta Julián condicionou ao Senior no día inadecuado

Duro revés do Pabellón na última xornada do ano na Primeira Galicia coa derrota (0-3) a mans dun Melias que chegaba ao campo dos Remnedios como colista do grupo e que abandonou esa posición co triunfo. 

Os de Luis Parada tiveron un bo inicio de partido pero no ecuador da primeira metade Aarón adiantaría aos visitantes tras rematar un centro dende a banda. Apenas pasada a media hora chegaría a lesión do meta local Julián. Sen recambio natural Sergio ocuparía a súa posición. Con ese panorama aínda puido chegar o empate para os branquiverdes que evitou o cancerbeiro rival.

Segundo tempo

Apenas transcurridos catro minutos da reanudación, chegaría un mazazo para os intereses locais cun novo tanto de Aarón al levar o balón ao fondo da rede cun certero testarazo a servizo de Tatá. O Melias pecharía o partido prácticamente a falta de media hora para a finalización. Un penalti de Álvaro, que lle supuxo a expulsión, transformouno Diego Bahía para colocar no marcador un inalcanzable 0-3. 

Ata o final do partido, cos pabellonistas cun home menos, os visitantes controlaron a situación. Deste xeito os de Luis Parada pechan o ano cunha racha de cinco xornadas consecutivas sen gañar, o que os levou a situarse nos postos de descenso ao sumar soamente 13 puntos.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Julián (Antón, m.32), Aldán, Berni, Álvaro, Iván (Langa, m.71), Cristian (Pancho, m.55), Carid, Mauro Sabucedo (Rober, m.65), Cacha, Sergio e Mauro Dorado.

SD Melias (3): Brais, Pablo, Álex López, Sas (Nacho, m.60), Marcos Pascual (Ángel, m.76), Dani, Diego Bahía, Luis, Tatá, Borja Varela (Cachi, m.78) e Aarón (Sabucedo, m.84).

Árbitro: Rodríguez Fernández, asistido nas bandas por Fernández Otero e Lamelas Belmonte (Comité Galego-Ourense). Expulsou a Ávaro nos locais (m.60) e nos visitantes viron cartón amarelo Tatá (m.29), Álex López (m.70), Nacho (m.85) e Ángel (m.90).

Goles: 0-1, m.23: Aarón. 0-2, m.49: Aarón. 0-2, m.61: Diego Bahía.

Incidencias: Partido da xornada dezaseis da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.