viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

VOLVE AO CLUB ONDE SE FORMOU COMO XOGADOR

Julio César Pérez Vázquez adestrará ao equipo de Primera Autonómica Infantil Pabellón EDO

Julio C. Pérez Vázquez será o encargado de adestrar ao equipo infantil “B” de Primeira Autonómica do Pabellón EDO na tempada 2020-2021.

Felipe Quintela como representante da directiva do club, fai a presentación de Julio C. Pérez Vázquez na dirección do equipo Infantil “B” do Pabellón EDO que esta tempada xogará en Primeira Autonómica.

Julio C. Pérez ten os títulos de Monitor de Fútbol e Fútbol Sala. Leva adestrando dende o ano 2014 na Escola Deportiva Ourense en disitintas categorías.

Tamén exerceu de adestrador en Fútbol Sala en diferentes equipos do mesmo club.

Como xogador formouse no club ata 1988. En idade Senior pertenceu varios anos o Prado Alén C.F. e pasou a xogar na liga de veteranos durante mais de vinte anos.

“Pido esforzo e compromiso, compañerismo e xogo en equipo. Todos xogan se traballan”.

Julio César Pérez Vázquez adestrará ao equipo de Primera Autonómica...