El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Iván Alonso salta ao banquillo do Xuvenil "A"

Iván González Alonso (Ourense, 1992), que chegou a pasada campaña ao Pabellón nunha segunda etapa tras o seu paso pola base da UD Ourense, é o novo adestrador do Xuvenil "A" da Liga Nacional para a vindeira tempada 2023-2024 tras o nomeamento da Comisión Deportiva da entidade.

Brais Silva Muñoz (Ourense, 1993), que chegou este curso aos Remedios para dirixir ao Cadete "B" da Liga Galega, será o seu axudante nesta nova experiencia.

O xoven a destrador dirixiu esta tempada ao Infantil "A", compatibilizado co Peroxa da Primeira Galicia, na estrea da División de Honra, onde o equipo accedeu dende a Liga Regular ao playoff polo título caendo co RC Celta nunha eliminatoria moi igualada despois da derrota branquiverde nos Remedios (2-3) e o empate na Madroa no choque de volta (3-3). 

Iván Alonso "Gutito" releva no banquillo a David Carnero despois de que o limiao, tamén Director Deportivo do club, anunciase que non continuaría como adestrador do primeiro equipo xuvenil.

Aínda está por fixar a data de comezo dos adestramentos e a listaxe de futbolistas que iniciarán a pretempada dos que conserva a catorce do actual curso.

Iván Alonso salta ao banquillo do Xuvenil "A"