Liga Galega Xuvenil
Guillermo García adestrará ao Verín da Preferente
Guillermo García, ata este luns adestrador do equipo da Liga Galega Xuvenil, é dende este martes novo técnico do Verín CF da Preferente Galicia.
García Regueira non quixo dar o paso sen permiso da entidade pabellonista, que lle deu todas as facilidades para que aceptase a proposta do club verinense.
O Pabellón CF quere agradecer a labor de Guillermo García no club ao longo de tantos anos -dende a campaña 2011-2012- nos que dirixiu aos dous equipos xuvenís tanto na División de Honra como na Liga Nacional e Liga Galega e tamén lle desexa moita sorte de cara a esta nova experiencia no Verín CF.
Agora o club traballa na búsqueda de novo adestrador para o Xuvenil B que este Xoves Santo ten xornada de competición cun derbi provincial co EDC Verín.