El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Fútbol 8 / Resumo do 15 e 16 de febreiro

P2030312
Excelente xornada para os nosos equipos de Fútbol 8, que soamente cederon dúas derrotas nos nove partidos que disputaron. A cita do Benxamín Promesas co CF Monforte foi aprazada para outra data.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Vitoria no campo de A Granxa do Alevín A (2-5) na visita á EDC Verín nun partido moi serio de todo o equipo, levando sempre o control aínda que os de Antonio Parrilla tiveron que esperar á segunda metade para resolver o choque despois do empate a douses ao final do primeiro tempo. Os goles foron obra de Iker (2), Diego, Amorín e Nico. Ver clasficación.

Máis apretada estivo a cita do Alevín Promesas nos Remedios contra a UD Ourense (4-3). Os de Anxo Valcárcel, ao descando 2-1, tiveron a cabeza fría para remontar por dúas veces un marcador adverso contra un rival que aproveitou os erros dos pabellonistas. Saúl (2), Dani e Pablo anotaron os tantos. Ver clasificación.


2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Traballado triunfo do Alevín B (2-1) nos Remedios contra a ED Ourense B. Os de Jorge Manuel tiveron ocasións máis que suficientes para que o marcador final non fose tan apretado diante dun rival que anotaría na única ocasión da primeira metade.

No segundo tempo os pabellonistas mantiveron a liña do primeiro e sacaron adiante o partido cos goles de Aitor e Ricardo. Ver clasificación.

O Alevín C sacou adiante o choque contra o CP Calasancio B (5-4) nos Remedios. Os de Marcial González non estiveron ao seu nivel habitual e os monfortinos, máis acertados, tomaron vantaxe na primeira parte.

No ida e volta que se convertiu o partido finalmente os pabellonistas acabarían sendo máis efectivos cos goles de Bregoán (2), Hugo Gil, José e en propia porta. Ver clasificación.


1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Foi superior o Benxamín A á EDC Verín no campo de A Granxa (1-8). Ao descanso os de Gabriel Prada,que marcaron na primeira acción do partido, tiñan unha renda considerable (0-4). Os tantos chegaron por medio de Dani (3), Matías (2), Mauro, Teo e en propia meta. Ver clasificación.

Diferentes contratempos no CF Monforte para dispoñer de xogadores, levaron ao aprazamento do seu partido nos Remedios contra o Benxamín Promesas. A cita terá nova data. Ver clasificación.


2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Derrota do Benxamín B (3-2) contra a ED Ouense B. Os locatarios, nesta ocasión anfitrios nos Remedios, xa mandaban no marcador ao final do primeiro tempo (1-2). Mario e Iván marcaron os goles nunha cita igualada. Ver clasificación.

A visita do líder CD A Purísima ao campo de Os Remedios foi unha cita imposible (0-3) para o Benxamín Promesas B, que deu a cara durante todo o partido. Ao descanso os visitantes tiñan unha renda de dous goles ampliaron na segunda cun único tanto. Ver clasificación.


1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
O Prebenxamín A sacou a reluciar o seu potencial ofensivo na visita á EDC Verín na Granxa (1-12). Os de Enrique Silva repartiron os goles a partes iguais en cada tempo. Os tantos foron anotados por David (3), Sergio (3), Javioer (2), Marco (2), Álvaro e Kevin. Ver clasificación.

Partido cómodo do Prebenxamín Promesas nos Remedios (8-1) contra o CD A Purísima. Os de Marcos Cudeiro estiveron moi resolutivos en ataque despois de dominar moitísimos minutos. Os tantos foron obra de Mateo (2), Dani (2), Breixo, Gael, Darío e Pablo. Ver clasificación.
Fútbol 8 / Resumo do 15 e 16 de febreiro