Fútbol 8

Fútbol 8 / Resumo do 8 e 9 de febreiro

Os nosos representantes do Fútbol 8 completaron unha moi boa xornada na pasada fin de semana na que soamente houbo dúas derrotas nos dez partidos que disputaron.
P2030114

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Vitoria do Alevín A (4-1) diante da EDC Celanova nos Remedios. Na primeira parte os de Antonio Parrilla estiveron a bo nivel chegándose ao descanso cun parcial favorable (3-1). No segundo tempo as cousas foron diferentes e o xogo foi moi embarullado materializándose un solitario gol local. Nico, Iker, Diego e Vivián anotaron os tantos. Ver clasificación.

O Alevín Promesas resolvía con facilidade a súa visita ao CP Calasancio nos Escolapios (1-5). Os de Anxo Valcárcel foron superiores en todos os conceptos e aproveitaron as ocasións creadas para que Pablo (3), Hugo e Leo anotasen os tantos. Ver clasificación.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
A falta de definición nas accións ofensivas levou ao Alevín B a unha apretada vitoria (2-1) contra a SD Nogueira nos Remedios. Ao final do primeiro tempo o marcador era de empate a un tanto. Na segunda metade os de Jorge Manuel anotarían o gol que acabou decidindo o choque. Enzo e Breogán marcaron as dianas. Ver clasificación.

Vitoria na Uceira (1-3) do Alevín C contra o CD Arenteiro "B". Os de Marcial González levaron a iniciativa en todo momento e cos goles de José (2) e Breogán fixeron xustiza. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Partido excesivamente cómodo do Benxamín A contra o CD Arenteiro nos Remedios (13-1). Ao descanso os de Gabriel Prada xa mandaban claramente no marcador (4-1). Damián (2), Nico (2), Matías (2), Izan (2), Dani, Álex, Rubén, Marco e Teo foron os goleadores. Ver clasificación.

Bo partido do Benxamín Promesas na Moreira (2-1) contra a EDC Xinzo. Os de Quique Serantes competiron moi e intentando trenzar xogadas. Os dous goles dos locatarios, que marchan invictos, foron en sendas faltas imposibles para o meta branquiverde. Hugo Cadaya marcou para os nosos. Ver clasificación.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Benxamín B tivo que espetar na segunda metade para resolver (4-1) a súa cita co CP Calasancio "C" nos Remedios. A primeira metade finalizara con empate a un tanto. No segundo acto os de Manuel Doval estiveron resolutivos en ataque. Xoán (2) e Mario (2) foron os goleadores. Ver clasificación.

Bonito partido no campo de O Marco entre A Peroxa CF e Benxamín Promesas B que acabaría en táboas (4-4). O empate a douses ao final do primeira tempo foi un presaxio do marcador final. Juan Andrés (2), Nicolás e Martín fixeron os tantos para os de José Salgado. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Foi superior o Prebenxamín A ao CF Monforte nos Remedios (14-0). O partido foi dominado de principio a fin polos de Enrique Silva, que crearon moitísimas ocasións de gol. Xián (3), David (3), Saúl (2), Marco (2), Javier (2), Kevin e Martiño foron os goleadores. Ver clasificación.

O gran esforzo que fixo o Prebenxamín Promesas na Moreira (5-1) no foi suficiente para frear á EDC Xinzo. Os de Marcos Cudeiro aguantaron moi ben a primeira parte (1-0) pero na segunda a cita fíxoselles moi larga e os limiaos aproveitaron para marcharse no marcador. Gael fixo o gol pabellonista. Ver clasificación,