viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

FÚTBOL 8

Os equipos alevís de Fútbol 8, en racha

Os nosos representantes na modalidade de Fútbol 8 completaron unha nova xornada na que temos que destacar a boa liña que están a mostrar os equipos alevís, clasificándose osn de 2ª Autonómica para o Play Off final.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Na penúltima xornada da primeira fase do Grupo 41ªA o Pabellón CF facíase cos tres puntos na visita ao CD Rúa no campo de O Aguillón (2-6). Os de Antonio Parrilla xa mandaban no marcador ao final da primeira parte (1-3) e na segunda metade rexistraríase o mesmo parcial. Iker (2), Nico (2), Hugo Ochogavía e Mateo Dosantos anotaron os goles.

O Pabellón Promesas tivo un partido con menos complicacións (10-0) das esperadas nos Remedios contra a EDC Barbadás. Os de Anxo Valcárcel marcaron un ritmo moi alto e de maneira especial na segunda metade. Pablo (5), Dani (2), Leo (2) e Mario foron os goleadores.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Gañou o Pabellón CF "B" nos Escolapios (0-6) ao CP Calasancio "C" rematando a primeira fase do campionato como líder do Grupo 43. Os de Jorge Manuel soamente cederon un empate nas dez xornadas disputadadas. Aitor, Álex, Enzo, Breogán, Anxo Cao e Iker anotaron os goles.

Clasificouse o Pabellón CF "C" para o Play Off a falta dunha xornada despois de superar (4-1) nos Remedios ao CP Calasancio "B". Os de Marcial González tiveron o control do partido en todo momento. Breogán, Martiño, Anxo e Yago marcaron os tantos.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Despois de ter dous goles de vantaxe no marcador, o Pabellón CF acabaría caendo (2-3) contra unha EDC Xinzo que sacaría froito dun par de fallos para empatar e posteriormente levarse a vitoria dos Remedios. Mauro e Dani foron os goleadores.

Reparto de puntos no Xestal entre Ribadavia Atlético e Pabellón Promesas (2-2). Ao descanso os locatarios tiñan vantaxe mínima no único disparo á meta branquiverde. As reducidas dimensións do campo faciltaron a labor defensiva dos locatarios aínda que os de Quique Serantes tiveron moitas oportunidades que non rentabilizaron. Na segunda metade as cousas estiveron igualadas. Mario e Diego foron os goleadores.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Pabellón CF "B" impúxose ao CP Calasancio "C" nos Remedios (5-0). Os de Manuel Doval xa tiñan moito camiño avanzado despois dun bo primeiro tempo (4-0). Na segunda metade as cousas estiveron máis igualadas, polo menos no marcador, nun periodo no que soamente houbo un gol local. Os tantos foron obra de Álex, Hugo, Iván, Matías e Xoan.

Vitoria do Pabellón Promesas "B" no campo do CP Calasancio "B" (3-6) na última xornada da primeira fase. Os de José Salgado estiveron moi activos na primeira metade (2-5) e na segunda as forzas estiveron máis igualadas cun gol para cada equipo. Nico (2), Iker Montero, Anxo, Juan Andrés e Mauro anotaron os tantos.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Foi superior o Pabellón CF ao CD A Purísima nos Remedios (18-0) nunha cita dominada de principio a fin polos de Enrique Silva. Saúl (5), Xián (4), Kevin (3), Marco (2), Martiño (2) e Pablo (2) foron os goleadores.

Partido cómodo para o Pabellón Promesas no Luis Bodegas contra o Monforte CF (0-9). Os de Marcos Cudeiro estiveron moi ben na primeira metade aproveitando as ocasións que tiveron como consecuencia do seu dominio (0-6). No segundo tempo as cousas estiveron algo máis niveladas pero os pabellonistas incrementarían as ditancias. Pablo (2), Dani (2), Mateo (2), Gale (2) e Adrián foron os goleadores.

Os equipos alevís de Fútbol 8, en racha