El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Xornada moi rentable na sección de Fútbol 8

P2020068

Os nosos equipos das diferentes categorías na modalidade de Fútbol 8 selaron unha excelente xornada con oito triunfos, un empate e unha derrota. A maioría dos conxuntos viron portería con facilidade.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Con cuatro goles en cada tempo o Pabellón CF superaba nos Remedios á SDC Arrabaldo (8-0). Os de Antonio Parrilla foron superiores de principio a fin. Mateo Dosantos (2), Nico (2), Iker (2), Samuel e Borja marcaron os tantos.

Cómoda vitoria do Pabellón Promesas no campo do Polígono CF (1-12). Os de Anxo Valcárcel foron claros dominadores de principio a fin nunha cita con pouca historia. Dani (4), Pablo (3), Saúl (2), Leo, Mateo e Adrián foron os goleadores.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Triunfo holgado do Pabellón CF "B" contra o CD Polígono (10-0). Os de Jorge Manuel foron claros dominadores durante todo o partido. Aitor (2), Breogán (2), Mateo, Aarón, Mikel, Kevin, Iago e Iker anotaron os tantos.

Pouco que contar no triunfo cómodo do Pabellón CF "C" nos Carrís contra a EDC Barbadás "C" (0-10). O equipo dirixido nesta ocasión por Janfry Cano dominou de principio a fin. Hugo Gil (5), Martín, Breogán, Augusto, Anxo e Simón foron os goleadores.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Reparto de puntos en Oira entre Ourense CF e Pabellón CF (1-1). Os locatarios mandaron no marcador na primeira metade es os de Gabriel Prada empataron na segunda por medio de Dani.

O Pabellón Promesas superaba nos Remedios á EDC Barbadás (4-2) nun partido no que sempre foi por diante do marcador. As cousas estiveron moi igualadas ata ben avanzada a primeira parte. Na segunda os de Quique Serantes despegáronse no tanteador para acabar vencendo. Os goles foron de Álvaro, Mario, Santi e Diego.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Con catro goles na primeira metade e outros catro na segunda o Pabellón CF "B" impúxose a domicilio á EDC Xinzo "C" (4-8). Os de Manuel Doval encarrilaron o choque na primeira metade e na segunda o partido estivo algo máis aberto. Álex (2), Mario (2), Matías (2), Aitor e Iker anotaron os goles.

O Pabellón Promesas "B" caía nos Remedios (1-6) contra a ED Terras de Maside. Os de José Salgado, dirixidos nesta ocasión por Marcial González, fixeron todo o que puideron ante un rival máis fisico. Oca fixo o tanto dos nosos.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
O Pabellón CF obtivo unha ampla vitoria (0-15) en Oira contra o Ourense CF. Ao final da primeira metade os de Enrique Silva xa anotaran catro goles e foi na segunda parte cando os pabellonistas marcaron distancias. Saúl (5), Xián (4), Sergio (2), Kevin, Marco, Javier e Martiño anotaron os tantos.

Reparto de puntos nos Remedios entre Pabellón Promesas e EDC Barbadás (3-3) nunha cita con dous tempos diferentes. Na primeira metade os de Marcos Cudeiro estiveron máis activos que na segunda, onde despois de ter unha renda de dous goles viron como o rival lle daba a volta ao marcador. Ao final os pabellonistas puideron nivelar a contienda. Os tantos foron obra de Nico, Gael e Daniel.

Xornada moi rentable na sección de Fútbol 8