El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol 8 l Xornada de celebracións

Títulos para Alevín "B" e Benxamín "A" mentres o Promesas Prebenxamín pasou á final do Torneo Ourense Base

Títulos para Alevín "B" e Benxamín "A" mentres o Promesas Prebenxamín pasou á final do Torneo Ourense Base

1ª Autonómica Alevín (Pabellón 12-1 Barbadás)

Partido con pouca historia no que os locatarios, que afrontaban a última xornada de Lia, foron moi superiores. Serawit (4). Neira (3), Cougil (3), Gunche e Antón foron os goleadores. Ver clasificación. O equipo xoga este martes a continuación da Arousa F-7 que fora suspendida polo temporal.

1ª Autonómica Alevín (Arrabaldo 1-4 Pabellón Promesas)

Os pabellonistas fixéronse cos tres puntos no Xeixo despois de anotar dous goles en cada tempo. Hugo Viso (3) e Guzmán anotaron os tantos. O equipo ocupa a sexta praza da categoría a falta dunha xornada. Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín-Gº 46 (Pabellón "B" 9-0 Arenteiro)

Os de Jesús Rivera, que xogaban como anfitrios no campo de Velle, non tiveron problema para superar ao rival e proclamarse campión do grupo a dúas xornadas do final da competición. Ao descanso as cousas xa estaba moi claras para os pabellonistas (4-0). Adán (4), Páramo (2), Álex Ribeiro e Xabi marcaron os goles. Felicitar ao corpo técnico e xogadores. Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín-Copa Deputación (A Peroxa 3-1 Pabellón "C")

Derrota dos branquiverdes no campo de O Marco. Os locatarios xa tiñan vantaxe no descanso (2-0) e na segunda as cousas, polo menos no marcador, estiveron máis igualadas. José marcou o tanto dos nosos. Ver clasificación. O equipo viaxa este marte a Sarria para xogar o torneo que organiza o equipo lucense.

1ª Autonómica Benxamín (Pabellón 11-1 Barbadás)

Os de Manolo Doval foron superiores ao rival e ao descanso a diferenza no marcador era considerable (6-0). Borja (3), Mateo Dosantos (3), Amorín (2), Fabio, Iker, Mateo Álvarez foron os goleadores. Os pabellonistas, que xogaron a última xornada, acabaron proclmándose campións despois da derrota do Verín no seu campo co Calasancio nun choque entre segundo e terceiro. Ver clasificación. Felicitar a corpo técnico e xogadores. Este martes afrontan a segunda fase da Copa Deputación en Oira.

1ª Autonómica Benxamín (Arrabaldo 0-6 Pabellón Promesas)

Con tres goles en cada tempo solventaron os de Figo a súa visita ao Arrabaldo, que en ningún momento baixou os brazos. Pablo (2), Hugo López, Dani, Leo e Guille foron os goleadores. O equipo ocupa a oitava praza a unha xornada do final. Ver clasificación. O equipo xoaga este martes pola mañá a segunda fase da Copa Deputación e pola tarde a previa do torneo da EFB Estrada.

2ª Autonómica Benxamín-Copa Deputación (Pabellón "B" 3-3 CD Rúa)

Os de Rubén García tiveron que conformarse co empate, que encaixaron na última acción do partido, despois de disfrutar de ocasións de todos os cores para dobregar a un rival que estivo afortunado no remate. Ao descanso os visitantes mandaban no marcador (1-2). Aarón (2) e Anxo marcaron os goles. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín-Copa Deputación (Pabellón Promesas "B" 5-0 Bosco "C")

Os de Peke dominaron todo o partido solventando a cita con dous goles na primeira metade e tres na segunda por medio de Hugo Gil (2), Alexis (2) e Lucca. Ver clasificación. O equipo xoga este martes o torneo organizado pola Sarriana.

1ª Prebenxamín - Play Off (Pabellón 7-0 Santa Teresita)

Nicolás (4), Marco, Rubén e Alexandre anotaron os tantos dunha cita no que os pabellonistas marcaron diferenzas na segunda metade. Ver clasificación.

Torneo Ourense Base Prebenxamín (Pabellón Promesas 4-0 ED Ourense "B")

Despois do marcador favorable na ida (2-4) os de Enrique Silva completaron o seu pase á final cun novo triunfo sobre a xovencísima escuadra rival con dous tanto en cada tempo obra de Ian (2) e Izan (2).

Os nosos xogarán o sábado (11 horas) no campo de A Tella en Luintra a final contra a EDC Verín, que tamén vencu nos dous partidos ao Ribadavia Atlético. Antes dese choque definitivo os nosos xagarán este martes o torneo da Sarriana en terras lucenses.

Fútbol 8 l Xornada de celebracións