Os equipos de primeiro ano alevín serán os máis madrugadores en comezar a pretempada o 27 de agosto
O club deu a coñecer o cadro de adestradores dos dez equipos den Fútbol 8 -alevís, banxamís e prebenxamís- para a presente tempada. A terna presenta unha cara nova en Juan Carballo no Alevín Promesas despois de pasar por diferentes categorías no club ata acabar na División de Honra Xuvenil e con pasado como adestrador no Arrabaldo. Mentres, José Manuel Salgado, no Benxamín Promesas "B" estivo a pasada campaña como axudante no Cadete de Honra e finalmente Gabriel Prada, no Benxamín Promesas, retrona ao club despois dunha campaña como 2º adestrador no Barbadás de 3ª División.
Os xogadores alevís de primeiro ano (2008) serán os primeiros en iniciar o traballo variando así a primeira data facilitada. Será o 27 de agosto ás 17 horas cando comecen os adestramentos. Mentres, os alevís de segundo ano (2007) comezaràn o 3 de setembro ás 17.30 horas; os benxamís (2009 e 2010) están citados o 4 de setembro ás 17.30 horas e os prebenxamís (2011) o 5 de setembro tamén ás 17.30 horas. O cadro de técnicos quedou da seguinte forma:
Pabellón CF Alevín (2007)
Jesús Rivera
Pabellón Promesas Alevín (2007)
Juan Carballo (novo)
Pabellón CF "B" Alevín (2008)
Antonio Parrilla
Pabellón CF "C" Alevín (2008)
Xabier Pereira
Pabellón CF Benxamín (2009)
Manuel Meiriño
Pabellón Promesas Benxamín (2010)
Gabriel Prada (retorna)
Pabellón CF "B" Benxamín (2009)
Abel Afonso
Pabellón Promesas "B" Benxamín (2010)
José Manuel Salgado (novo)
Pabellón CF Prebenxamín (2011)
Enrique Silva
Pabellón Promesas Prebenxamín (2011)
Lucía Álvarez "Peke"