El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

O Infantil A, virtualmente no Play Off

P2020556
A reducida xornada dos nosos representantes na modalidade de Fútbol 11 deixou un excelente bagaxe nas cinco confrontacións con catro vitorias e unha derrota. Destacar a vitoria do Cadete A e a clasificación virtual do Infantil A para o Play Off.

LIGA GALEGA XUVENIL
Un gol no tempo de desconto (1-0) privou ao Xuvenil B de puntuar contra o Coruxo CF no campo de Fragoselo. Os de Guillermo García fixeron méritos para non sair derrotados xa que nun gran partido penalizounos a falta de definición.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Triunfo importante do Cadete A contra o Bergantiños CF (2-0) para que o equipo gañe en confianza e pense en escalar peldaños na táboa clasificatoria. Os de Abel Afonso levan tres partidos consecutivos sumando -sete puntos- para afrontar con máis ahínco a recta final da primeira volta.

Na cita contra o conxunto de Carballo os nosos estiveron mellor na primeira metade na que Mauro situaría aos nosos por diante no marcador para chegarse ao descanso así. Na reanudación os visitantes apretaron algo máis pero sen agobiar a meta local. O gol de Álex Añel na metade do segundo acto foi importantísimo para afrontar o resto do partido con maior tranquilidade. Ao final non houbo máis novidades e os tres puntos quedaron na casa.

LIGA GALEGA CADETE
Vitoria do Cadete B no campo de A Sangriña (0-3) contra o Sporting Guardés nun partido que os de José Dopazo resolverían nunha primeira parte na que anotarían os tres goles -Sergio, Iago Outeiriño e Raúl-. Incluso disfrutarían dunha pena máxima nio inicuio da segunda metade que non aproveitarían. Na segunda metade os pabellonistas souberon administrar a vantaxe ante un impetuoso rival.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Segue adiante na Copa Deputación o Promesas Cadete ao solventar (3-2) a eliminatoria fa fase previa a partido único contra o CD Allariz nos Remedios. Na primeira metade as cousas estiveron moi igualadas sen ocasións claras para uns e outros chegándose ao descanso sen goles.

O segundo tempo estivo máis movido xa que chegarían todos os goles. No ecuador desta fase Ramón adiantaría aos de Quique Serantes pero inmediamtamente os alarciáns conseguían a igualada. Os tantos de Ramón e Nacho nun espazo de cinco minutos deron unha renda importante aos nosos (3-1), pero o segundo gol dos visitantes a dez do final outorgou moita emoción ao choque cos visitantes buscando a igualada e os branquiverdes intentando apuntillar. Ao final non se movería o marcador.

LIGA GALEGA INFANTIL
O Infantil A clasificouse virtualmente para o Play Off ao gañar (0-1) a domicilio ao Arousa SC no campo Manuel Jiménez. Os de Vilagarcía -novenos natáboa- eran un rival directo por entrar entre os oitos primeiros, ao que nestes intres lle sacan nove puntos -os que restan en xogo- pero os de Rubén García teñen unha abrumadora diferenza de goles sobre Arousa.

En canto ao partido os nosos nos estiveron nada finos na primeira metade que remataría sen que se movese o marcador contra un rival que basou a súa ofensiva no xogo directo. Na segunda parte as cousas cambiaron radicalmente pasando a controlar a situación os pabellonistas, que ademáis do gol de Julián tiveron outras catro ocasións claras para non chegar tan apurados aos minutos finais nas que os locatarios intenataron baitr a meta ourensán.
 

O Infantil A, virtualmente no Play Off