viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

FÚTBOL 11

Cinco vitorias e tres derrotas no Fútbol 11

Os nosos equipos na modalidade de Fútbol 11 completaron unha xornada con cinco vitorias e tres derrotas. Destacar o pase na Copa Deputación do Xuvenil "C" e o triunfo do Cadete "A" en Fragoselo.

LIGA GALEGA XUVENIL
Despois de dúas derrotas consecutivas o Pabellón CF "B" superaba nos Remedios á SD Monteporreiro (1-0). O partido estivo iogualado contra un bo rival que sen embargo non inquietaría a portería local. Nesa primeira parte os nosos tiveron tres boas ocasións, dúas de Martín e unha de Cacharrón para tomar vantaxe no marcador, cehgándose ao descanso sen goles.

Na segunda parte unha boa acción de Anxo pola banda dereirta acabou cun pase da morte a Cacharrón para anotar. De ahí ata o final o equipo armouse ben defensivamente tratando de matar o partido á contra sen grandes incidencias e chegándose ao final con esa vitoria mínima dos de Guillermo García que os manteñen nos postos altos da táboa.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
O Pabellón CF "C" pasou a eliminatoria a partido único da 1ª fase da Copa Deputación ao superar ao CD Velle (2-4) no Monte da Aira. De quitado os primeiros quince minutos, os de Marcial González tiveron o control do partido ata o final.

Ao descanso xa mandaban no marcador (1-2) e na segunda metade ampliarían distancias para afrontar con certa tranqulidade un final na que xogaron con dez homes pola expulsión de Antón. Mateo (2), Mael e Arturo anotaron os tantos.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Importante vitoria do Pabellón CF en Fragoselo (1-2) diante do Coruxo CF para cortar unha racha de sete partidos consecutivos sen gañar. Na primeira metade, despois duns minutos iniciais sen claro dominador, os de Abel Afonso pasaron a controlar a situación levando perigo á porteria rival.

Antes do gol de Aitor á media hora, o meta local evitaría dous goles cantados a disparos de Sampayo e Mauro. Ao descanso chegaría con esa mínima renda (0-1). No segundo tempo o Coruxo saiu máis ofensivo pero sería de novo Aitor quen acertaría a meter o balón na rede local para ampliar a vantaxe.

A partir de ahí os locatarios pasaron a unha ofensiva total aínda que sen poñer en moitos aprietos o marco branquiverde. A cinco minutos do final o colexiado expulsaría moi rigurosamente a Aarón nun forcexeo co meta local. No minuto seis de desconto chegaría o gol do Coruxo sen tempo para máis.

LIGA GALEGA CADETE
O líde RC Celta "B" visitaba o campo de Os Remeios e conseguiu levarse os tres puntos (1-2) contra o Pabellón CF "B" no sen dificultades ante un conxunto local que vendeu cara a derrota. Os vigueses adiantaríanse moi cedo no marcador pero pronto Justino devolvería as táboas coas que se chegaría ao descanso.

Na segunda metade os celestes tiveron máis posesión de balón pero sen que os pabellonistas sufrisen demasiado e sen xerar grandes ocasións. O partido pintaba para empate pero un despiste á sañida dun saque de esquina permitiu ao ex-pabellonista Noel pór aos seus por diante.

A partir de ahí os de José Dopazo volcaríanse na búsqueda do empate que puido chegar nun penalti que non transformaron co partido case rematado. Unha pena. Destacar o traballo desenvolvido por todo o equipo.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Foi de menos a máis o Pabellón Promesas na súa visita ao CD Arenteiro (0-5) aínda que sempre tivo o choque controlado. Ao descanso os de Quique Serantes tiñan vantaxe mínima e na segunda marcaron distancias para acabar cun home menos os dez minutos finais pola lesión de Xoel. Álex Blanco, Xoel, Pedro, Ramón e Nacho foron os goleadores. Agora toca afrontar o Play Off.

LIGA GALEGA INFANTIL
Derrota do Pabellón CF nos Remedios diante da UD Ourense (0-2). As diferenzas da clasificación non se viron no campo xa que o rival estivo máis intenso e con maior actitude que os de Rubén García, que estiveron moi lonxe do nivel que poden dar o equipo dentro das súas limitacións. Os branquiverdes non tiveron o seu día, pero na primeira metade gozaron de ocasións para marcar convertíndose o meta unionista nun dos protagonistas do choque.

Na segunda metade os visitantes marcarían os goles en dúas contras, aínda que despois do primeiro os nosos tiveron un balón ao traveseiro para empatar. A raíz do segundo tanto do rival o equipo quedouse bloqueado e apenas houbo ocasións para pensar en, polo menos, rescatar un punto.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Derrota do Pabellón CF "B" no campo de A Granxa contra a EDC Verín (2-1) nunha cita do Play Off na que os de Juan Carballo estiveron lonxe do seu nivel na primeira metade, na que encaixarían un gol aos dous minutos.

No segundo tempo cambiou bastante a decoración. O equipo gañou metros no campo e transmitiu sensación de perigo no área local, sen embargo os verinenses anotaría o segundo nunha posible falta ao meta pabellonista.

Non baixou os brazos o equipo competindo ata o final. O gol de Guzmán co tempo prácticamente rematado chegaría tarde para pensar en, polo menos, rescatar un punto.

Segunda vitoria consecutiva do Pabellón Promesas no Play Off a costa dun rival moi físico como CD Arenteiro (2-1). A cita foi moi disputada e os de Carlos Amorín tiveron un gran hándicap pola maior presenza física do rival. A primeira parte despachouse con empate a un tanto despois de que os carballiñeses igualasen o tanto de Adrián.

Na segunda metade os pabellonistas mantiveron a intensidade provocando máis ocasións de gol ata que Iker, nos minutos finais, marcaría o segundo dos locatarios que acabaría dándolle os tres puntos.

Cinco vitorias e tres derrotas no Fútbol 11