viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

FÚTBOL 11

Luces e sombras no Fútbol 11

Os nosos representantes na modalidade de Fútbol 11 tiveron unha xornada con luces e sombras que se saldou con tres derrotas, un empate e catro vitorias.

LIGA GALEGA XUVENIL
Derrota do Pabellón CF "B" nos Remedios (2-3) contra un bo AD Tomiño que se sitúan nos postos altos da táboa. A primeira metade finalizou con empate a un tanto despois de que Cacharrón igualase o tanto dos visitantes aos catro minutos.

No segundo tempo Tomiño volvería a situarse por diante aos sete minutos, obrigando aos nosos a realizar un gran esforzo na búsqueda do empate que chegaría por medio de Cacharón ao transformar un penalti que traería como consecuencia a expulsión dun xogador rival.

Cun home menos parecía que os de Guillermo García poderían sacar adiante o partido, pero unha pérda de balón na zona central acabou nunha contra visitantes que puxo o terceiro dos Tomiño, que aguantaría o tipo ata o final a pesar da inferioridade.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Trepidante partido nos Remedios entre Pabellón CF "C" e EDC Verín que se resolvería con táboas (3-3). Ao descanso o marcador era favorable ao equipo visitante (1-2) despois de remontar no tramo final da primeira metade con dous goles nun espazo de cinco minutos -o segundo de penalti- o tanto inicial de Arturo.

No ecuador da segunda metade vivíronse os momentos máis intensos do partido xa que os pabellonistas consegurían situarse por diante no marcador con dianas de Antón e Arturo nun espazo de dos minutos, para instantes despois empatar os verinenses.

A emoción estivo presente ata o pitido final pero o marcador non se movería máis na mellor actuación dos de Marcial González nesta primeira fase. O equipo conseguiu meterse no Play Off polo título enciaxando unha soa derrota. A próxima semana comezará a segunda fase entre os cinc primeiros clasificados de cada grupo.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Empate do Pabellón CF na Xunqueira contra o AJ Lérez (1-1) nunha cita na que se esperaba algo máis. A necesidade de puntuar ante un rival que soamente tiña un punto, acabaou pasando factura aos de Abel Afonso.

Costoulle entrar no partido aos nosos nunha primeira metade igualada na que non houbo un claro dominador., aínda que as mellores ocasións foron dos pabellonistas nos pés de Aitor e Álex. Co paso dos minutos a ansiedade e os nervos levaron á un equipo impreciso e as cousas puxéronse moi feas cando os pontevedreses marcaban avanzada a segunda metade.

A partir de ahí e xa máis co corazón que coa cabeza o Pabellón pasou a un fútbol directo xerando ocasións que a dous minutos do final trouxo o empate por medio de Sampayo. No tempo de descontro foille anulado un gol aos nosos moi dubidoso e non houbo tempo para máis.
 

LIGA GALEGA CADETE
O Pabellón CF "B" superou nos Remedios (3-1) ao CD Velle nun dos derbis ourensáns que ofrece a categoría. A primeira parte rematou sen goles e foi na segunda cando chegarían todos os goles.

Ao borde da metade deste periodo os pabellonistas inaugurarían o marcador por medio de Esteban e a nove do final sería Amills quen incrementaría a vantaxe co segundo e de novo Esteban anotaría o terceiro nos últimos minutos para firmar un dobrete.

O gol do Velle chegaría no desconto sen tempo para máis. Os de José Dopazo acumulan cinco xornadas consecutivas gañando que os sitúan entre os tres primeiros clasificados.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Vitoria cómoda do Pabellón Promesas (5-0) nos Remedios contra a EDC Verín "B" na penúltima xornada do grupo. Os de Quique Serantes xa mandaban no marcador ao final da primeira parte (2-0) e na segunda incrementarían as distancias con tres novas dianas. Isay, Nacho, David, Xoel e Iker Ferreiro anotaron os goles.

LIGA GALEGA INFANTIL
O Pabellón CF impúxose no campo da Xunqueira ao Salgueiriños CF (0-3) nun partido que os pontevedres xogaron ao límite. O tempraneiro gol de Álvaro permitiu que os de Rubén García se fosen con vantaxe ao descanso nunha fase caracterizada pola excesiva agresividade do rival e que provocaba contínuas interrupcións no xogo.

A segunda parte foi de claro cor branquiverde que deixou moitas ocasións de gol que soamente reportaron dous goles de Álex Prieto e Lecompte debido a granda actuación do meta local e a falta de puntería. A falta de cinxo xornadas para o final da primeira fase o equipo ocupa a terceira posición.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Non mereceu a derrota o Pabellón CF "B" contra o CP Calasancio (2-3) nos Remedios. Os visitantes aproveitarían un fallo na saída de balón local para adiantarse no marcador ao borde do ecuador da primeira metade.

Reaccionaría ben o conxunto de Juan Carballo, que na recta final deste periodo conseguiría darlle a volta ao partido cun gol de penalti -no que o colexiado non expulsaría ao meta monfortino- obra de Ribao e outro de Hugo Alcázar para chegarse ese marcador (2-1) ao descanso.

Na segunda metade os visitantes conseguirían o empate aos oito minutos, nunha fase que os pabellonistas tiveron controlada e na que o rival sacou petróleo con dous goles que lle darían a vitoria, o último no tempo de desconto.

Empezou con bo pé o Play Off o Pabellón Promesas ao sumar os tres puntos (1-2) no campo de Os Carrís contra un EDC Barbadás moi físico que acabara de primeiro no mesmo grupo da primeira fase. Os branquiverdes adiantaríanse no marcador cun gol de Joaquín nunha primeira metade que os nosos tiveron controlada e que remataría con esa mínima vantaxe.

Na volta de vesitarios o cadro local estivo máis agresiva e avanzada esta fase conseguirían igualar o choque pero nos últimos instantes nunha xogada embarulla despois dun saque de esquina. Nesa recta final do partido os pabellonistas agunataron o tipo e despois dunha boa xogada novamente Joaquín acertaría a meter o balón na rede que lle darían a vitoria aos de Carlos Amorín a un minuto do final.
 

Luces e sombras no Fútbol 11