El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Fútbol 11 / Resumo do 22 e 23 de febreiro

P2030483
Dos nosos equipos de Fútbol 11 soamente tiveron actividade catro deles con partidos de Copa, confrontacións aprazadas e Liga Regular con dúas derrotas e dúas vitorias.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Nunha cita aprazada no seu día pola borrasca Fabien, o Cadete Promesas sacaba adiante con solvencia (5-1) o seu partido co AD Bosco nos Remedios. Ao descanso os de Quique Serantes xa mandaban no marcador (2-1) e na segunda, na que Izan detivo un penalti, marcaron distancias con tres tantos máis. Isay (2), Pereira, Iker Ferreiro e Pedro foron os goleadores. Ver clasificación.

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE CAMPIONATO
Mala maña para o Infantil A diante dun Arousa SC que lle puxo máis interés ao partido levándose a vitoria (1-2). Os de Rubén García soamente estiveron na cita os primeiros vinte e cinco minutos e nos que chegaría o madrugador gol de Álvaro. Os de Vilagarcía daríanlle a volta ao marcador con dous goles nos cinco minutos finais da primeira parte.

No segundo tempo os branquiverdes apenas levaron perigo á meta dun rival que soubo defender a renda ata o pitido final. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Segue adiante o Infantil Promesas na Copa Deputación despois de superar con claridade (4-0) ao Polígono San Ciprián CF nos Remedios na eliminatoria de dezaseisavos de finas a partido único.

Os de Carlos Amorín xa dominaban no marcador ao final do primeiro tempo (2-0) e na segunda parte ampliarían as distancias con dous tantos máis. Unai, Yeray, Iván e Adán anotaron os tantos. Ver cadro.

Pola súa parte, o Infantil B caía nos Remedios (1-3) contra o CP Calasancio. Os pabellonistas tiveron controlada a situación arta que os visitantes, cun disparo dende trinta metros, conseguirían o gol co que remataría a primeira metade.

Na segunda parte os de Juan Carballo fixeron méritos para empatar pero pagarían moi caro dúas pérdas de balón en campo propio das que sacaría rentabilidade o rival para situarse con 0-3. No tramo final Adrián acortaría distancias e incluso puido chegar o segundo nun balón que se paseou diante da meta monfortina sen que aparece alguien para empuxala. Ver cadro.

Fútbol 11 / Resumo do 22 e 23 de febreiro