Fútbol 11 / Resumo da xornada
A treboada deixou a suspensión aos dous minutos do partido do Infantil Promesas coa ED Arousa
A pasada fin de semana comezou a rodar o balón nas competicións rexionais e provinciais de Fútbol 11 na que entraron a escea todos os conxuntos pabellonistas con diferentes marcadores. A forte treboada que se rexistrou sobre as 7 da tarde en Ourense diexou a suspensión do Pabellón Promesas-ED Arousa daLiga Galega Infantil. Apenas se xogaran dous minutos.
Liga Nacional Xuvenil
Os nosos regresaron de vacío (2-1) do campo de A Grela na cita inaugural co recén ascendido Calasanz. De todos os xeitos as cousas comezarían bencon gol de Raúl aos oito minutos. A remontada dos herculinos fraguose nunha mala decisión áhora de resolver unha acción na liña de fora de banda que permitiu o empate local por medio de Martín co que se chegaría ao descanso.
Na segunda metade o equipo saiu ben xogándose máis no campo dun rival que buscou a vitoria nas contras, con homes moi rápidos en ataque. Despois de dous avisos en balóns directos dos locatarios a un home de refresco -David Ben- en ataque, chegaría o segundo que resultou definitivo. Antes os nosos gozaran dunha excelente ocasión que abortou un defensa local cando o balón levaba camiño da rede. Na longa prolongación os nosos tiveron o gol do empate nas botas de Iván, pero o seu disparo saiu excesivamente cruzado. Ao final derrota na Grela.
Liga Galega Xuvenil
Derrota do Pabellón "B" nos Remedios (2-4) nun partido difícil de explicar co Ribadumia. Aos sete minutos os nosos tiñan unha renda de dous goles anotados por José Ramón e Janfry e logo chegarían dúas claras ocasións para matar o partido, pero foron os visitantes quenes sacarían tallada nun saque de esquina para ver como un defensa local introducía o balón na súa propia portería e un minuto máis tarde un centro pasado ao segundo pao foi rematado por un rival completamente só para situar o 2-2.
Volvería a gozar de ocasións o cadro pabellonista para tomar vantaxe pero non houbo fortuna no remate chegándose ao descanso con táboas. No segundo tempo un claro penalti por José Ramón non foi aproveitado polos de Anxo Valcárcel xa que o disparto de Iago Varela foi desviado polo porteiro visitante. Acusou o golpe a xoven escuadra local, que acabaría encaixando dúas dianas máis no que, ao noso modo de ver, foi un excesivo castigo.
División de Honra Cadete
Empate no campo de San Pedro de Visma (2-2) do Pabellón da División de Honra Cadete contra o Calasanz. Os herculinos tiveron vantaxe por dúas veces e noutras tantas ocasións empatarían os de Guillermo García ao final de cada periodo, Primeiro por medio de Santi e logo José.
Liga Galega Cadete
Debutou con vitoria o Pabellón "B" nos Remedios (2-1) diante da ED Arousa. Todos os goles chegarían na segunda parte. Aarón adinataría aos de Miguel Alonso no primeiro minuto da reanudación. Despois da igualada dos visitantes, sete minutos despois Aitor colocaría o segundo para o marcador definitivo.
1ª Autonómica Cadete
Remontada (2-3) dos de Enrique Silva en Oira ao Ourense CF "B" despois de ter un marcador adverso de dous goles encaixado nun espazo de cuatro minutos nos primeiros instantes. Posteriormente os tantos de Álex Blanco, Gabriel Pereiro e Damián levaron á darlle a volta ao marcador e sumar os tres puntos.
Liga Galega Infantil
Vitoria contundente (0-5) para os branquiverdes no campo de A Xunqueira co Areosa nunha cita que se presumía difícil pola presumible calidade do rival. Sen embargo, os de José Dopazo xa mandaban con solvencia ao descanso (0-3) despois dos goles de Roy (2) e Isaac. Na segunda parte non cambiaría o guión co partido controlado polos nosos e Raúl e Isaac pecharían o marcador.
Liga Galega Infantil
A tormento levou á suspensión do partido entre Pabellón Promesas e ED Arousa con apenas dous minutos disputados. Non houbo maneira de reanudar o partido pola adversa climatoloxía.
Liga Galega Infantil (ED Ourense)
O debut da ED Ourense na Liga Galega Infantil non puido ser mellor. Os de Quique Serantes superaron con autoridade (3-0) ao Ourense CF nos Salesianos. Martín inaugurou o marcador na primeira metade e un dobrete de Dámaso na segunda parte pechou o partido.
1ª Autonómica Infantil
Os de Rubén García acabaría remontando (4-1) o tempraneiro tanto do correoso Arrabaldo aínda que ata a segunda metade os locatarios non marcarían diferenzas. Hugo empataría para os nosos antes do descanso e na reanudación David, Ribao e Antón (penalti) completarían a remontada.