O trofeo prebenxamín quedou nos Remedios
Os pabellonistas, que pasaron con sufrimento á final, superaron con claridade no partido decisivo á EDC Xinzo de Limia na final nun choque que dominou de principio a fin. Xián (2), Sergio e Álvaro anotaron os goles branquiverdes.
Nas semifinais os pabellonistas eliminaran nos penaltis á UD Ourense despois de empatar no tempo regulamentario (2-2) e a EDC Xinzo fixo o mesmo coa ED Ourense (1-1). Os dous partidos estiveron cheos de emoción. Na consolación que xogaron UD Ourense e ED Ourense a vitoria foi para os unionistas (3-0).
A quinta praza foi para o Pabellón Promesas despois de superar á EF Lalín (2-0) que acabaría na sexta praza. Os do Deza leváronse o premio á Deportivade e Xián Lorenzo (Pabellón CF) o de Mellor Xogador. A nota negativa deuna a EDC Verín, que non se presentou ao partido da tarde para decidir os dos últimos postos contra o CDC Santa Teresita.
Para ver todos os resultados e o cadro final PINCHA AQUí.