El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 7

Barça, Manchester City, Valencia e Deportivo, rivais de grupo

Este venres, e ata o domingo, arranca a XXV Arousa Fútbol 7 da categoría Sub-12 que se disputará en Ribadumia despois de dúas fases previas das que sairon catro equipos, entre eles o Pabellón CF, que se uniron aos dezaséis clubes invitados de altísimo nivel nacional e internacional cos tres grandes españois: Real Madrid, FC Barcelona e Atlético de Madrid.

O Pabellón, foi terceiro a semana pasada no Campionato Galego de Fútbol 8, competirá no Grupo C xunto a FC Barcelona, Manchester City, Valencia CF e RC Deportivo. Precisamente ante os herculinos será o primeiro partido dos nosos o venres ás 11.20 da mañá. Pola tarde (17.20 h) xogarán ante o Valencia. O sábado tocará medirse ao Barcelona (10.50 h) e un pouco máis tarde (13.30) ao conxunto inglés.

A partir das clasificacións finais en cada grupo, o domingo xogaránse os cruces ata chegar á final prevista para o domingo ás 19 horas. Os tres primeiros clasificados enfrentaránse polo título e os cuartos e quintos disputarán a fase de consolación.

PINCHA AQUÍ PARA VER TODOS OS HORARIOS DO TORNEO

 

Barça, Manchester City, Valencia e Deportivo, rivais de grupo