El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN SENIOR

O Leiro foi máis efectivo nos Remedios

P2030564
O Leiro CF da 2ª Galicia puxo final á participación do Pabellón CF na Copa Deputación Senior despois de vencer no campo de Os Remedios (0-2).

Os pabellonistas tiveron un par de ocasións nas botas de Carlos Conde para adiantarse no marcador antes de que os visitantes, inmersos na loita polo ascenso á 1ª Galicia, tomasen vantaxe aos quince minutos. A acción non estivo exenta de polémica xa que no centro previo ao gol os pabellonistas reclamaron un empurrón sobre Padín que o colexiado non interpetou como tal.

Xa co marcador en contra, novamente Carlos Conde disparou alto en boa posición despois dunha boa acción pola banda de Javi Conde. Con esa vantaxe mínima do rival chegaría o descanso.

No segundo tempo os de Charli Álvarez sairon na búsqueda de intentar darlle a volta ao partido, pero o equipo non gañaría a profundidade necesaria ata que moveron pezas coa entrada de homes que lle deron xogo ao equipo polas bandas. Dende esa fase os nosos pasarían a dominar bastante pero nunha contra, das varias que levaron perigo do adversario, chegaría o segundo do Leiro a dezasete minutos do final.

Non baixou os brazos o Pabellón e un balón á cruceta de Permuy puido darlle moita emoción ao tramo final do choque se o balón houbese entrado xa que máis tarde os locatarios errarían un penalti que petou no pao a disparo de Padín. De ahí ao final as cousas non variaron. Ficha técnica.

O Leiro foi máis efectivo nos Remedios