lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

TORNEOS NADAL FÚTBOL 8

En marcha os clásicos do Nadal de Fútbol 8

O campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerán o 28 de decembro e 4 de xaneiro, os eventos do Nadal de Fútbol 8 programados polo club. Os dous, que alcanzan a 27ª edición, son o Torneo Nadal Benxamín-CO.SA.GA e Torneo Nadal Prebenxamín-SUZUKI.

O primeiro deles será o 28 de decembro na categoría benxamín reservado para equipos que compiten na 2ª Autonómica. Para ver as normas, grupos e horarios PINCHA AQUÍ.

O segundo deles esta sinalado para o 4 de xaneiro do ano novo na categoría prebenxamín coa participación de equipos da 1ª Autonómica. Para ver as normas, grupos e horarios PINCHA AQUÍ.

Por terceiro ano consecutivo os dous torneos colaborarán coa Operación Quilo que organiza a Asociación Xuvenil Amencer, polo que a organización solicita a colaboración dos deportistas de todos os equipos.

En marcha os clásicos do Nadal de Fútbol 8