Fernando Lamas, novo presidente do club
![](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/pabelloncf/images/2024/12/22/2024122221004171470.jpg)
Fernando José Martínez Lamas (Ourense, 1959), é o novo presidente do Pabellón Club de Fútbol. O novo mandatario branquiverde gañou as eleccións celebradas o pasado 14 de decembro e ostentará o cargo durante os próximos catro anos.
O organigrama directivo e deportivo do club neste novo mandato pódese ver PINCHANDO AQUÍ.
Martínez Lamas foi xogador do club uns meses despois da fundación da entidade, no ano 1972, comezando no equipo infantil para posteriormente pasar polos xuvenís e afeccionados, onde finalizaou a súa etapa na entidade despois de 13 tempadas.
O novo mandatario é o quinto que ostenta o cargo nos 52 anos de historia do club, despois de José Luis López Iglesias († 2017), Juan Francisco López Rodríguez "Juanín", Francisco Doforno e Felipe Quintela.