El tiempo
miércoles. 15.05.2024
El tiempo

Falece o mítico porteiro ourensán Miguel Ángel

Damos conta do falecemento de Miguel Ángel González (24-12-1947) "O Gato", mítico porteiro ourensán que xogou no Real Madrid ademáis de vestir a camiseta da Seleción Española. Así o fixo saber o club madrileño nas súas redes sociais na mañá deste martes por medio dun Comunicado. 

O Pabellón Club de Fútbol traslada o seu máis sentido pésame a familiares e amigos. D.E.P.

Os seus primeiros pasos no mundo do deporte foron como porteiro de balonmán e ata a idade xuvenil non empezou a xogar a fútbol. Militando nas filas da Agrupación Deportiva Couto, os técnicos do Real Madrid fixáronse nel durante un partido amigable que os galegos disputaron no Estadio de Chamartín.

No verán de 1967 fichou polo equipo madrileño, onde coincidiu con outros grandes porteiros como Antonio Betancort ou García Remón. Por iso, apenas xogou nos seus seis primeiros anos como madridista, chegando a ser cedido unha tempada ao CD Castellón.

Titularidade no Real Madrid e palmarés espectacular

A marcha de Miguel Muñoz do banco permitiulle dar o salto á titularidade, xogando a final de Copa do Rey de 1974 que o Real Madrid gañou ao FC Barcelona por 4:0. A partir da tempada 1974/75 converteuse en titular indiscutible, defendendo a portería do club madridista durante unha década.

Tras dezaoito tempadas no Real Madrid, retirouse en 1986 á idade de 38 anos, cun palmarés espectacular: oito títulos de Liga, cinco campionatos de Copa, unha Copa da liga e dúas Copas da UEFA, entre outros títulos. Ademais, gañou o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da liga en 1976.

En total, xogou 246 partidos en Primeira División. O único gran título de clubs que se lle resistiu foi a Copa de Europa, a pesar de disputar nove edicións. quedou á portas en 1981, perdendo a final contra o Liverpool FC.

Desde o seu retiro seguiu vinculado ao Real Madrid, ocupando diversos cargos. Primeiro como delegado do equipo, logo como adestrador de porteiros e finalmente como director da Cidade Deportiva do club. O 17 de decembro do 2022 fai público que padece ELA.

Selección Nacional

Foi internacional en 18 ocasións, sendo o oitavo porteiro que máis veces vestiu a camiseta da selección de fútbol de España. Debutou o 12 de outubro de 1975 nun partido clasificatorio da Eurocopa que España gañou 2:0 a Dinamarca. Miguel Ángel foi titular ocupando o posto do lesionado José Ángel Iribar.

Foi o porteiro habitual de España entre 1976 e 1978, xogando o Mundial de Arxentina 1978. Logo foi desprazado por Arconada, aínda que integrou o equipo español que disputou o Mundial de 1982. Antes de xogar coa selección absoluta disputou un partido coa selección olímpica.

Miguel Ángel dispón dunha peña madridista na súa cidade natal, Ourense, a pena madridista "Miguel Ángel" (www.madridistasourense.com).

(Fonte: Wikipedia)

Falece o mítico porteiro ourensán Miguel Ángel