El tiempo
martes. 19.03.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA-FASE DE ASCENSO

Éxtase no campo do Rúa co ascenso do Senior á Primeira Galicia

O Pabellón xogará a próxima tempada na Primera Galicia despois de superar a última eliminatoria co Rúa no campo Vicente Solarat. A eliminatoria preciosou de prórroga despois de que o tempo regulamentario rematase sen goles: 0-1

Douscentos corenta minutos, con dúas eliminatorias a domicilio, lle costaron ao Pabellón o ascenso de categoría nun partido que se decidiría a falta de tres minutos para o final da prórroga cun gol de Hugo Varela. O Rúa fora o campión do Grupo 3º da Segunda Galicia cunha soa derrota en toda a tempada.

Antes o partido tivo varias secuencias. Na primeira metade os valdeorreses estiveron mellor e levaron máis a iniciatriva. Non en canto a xogo xa que nos primeiros corenta e cinco minutos non houbo fútbol, se non en canto a máis presenza no campo pabellonista.

Perigo local

Nesa fase os locatarios tiveron dúas boas ocasións. A primeira nun remate coa testa de Quini á saída dun córner que se foi fóra por pouco, Pasada a media hora de xogo o defensa branquiverde Viso tivo que ser reemplazado ao sufrir unha rotura do radio da mán dereita, dando entrada a Manuel.

A segunda foi nuha acción individual de Samuel, o home máis perigoso dos rueses, quen cun disparo cruzado obrigou a intervenir a Bruno desviando o disparo. Mentres, os de Luis Parada intentaban conectar con Tumbeiro en ataque pero o dianteiro xuvenil tiña dúas torres que en poucas ocasións puido sobrepasar. Ao descanso o marcador era o inicial.

Segundo tempo

O retorno de vestiarios deixou o obrigado troco do lesionado Carid por Hugo Varela. Neste periodo os pabellonistas estiveron mellor e os valdeorreses comezaron a acusar o cansancio. Os de Luis Parada pasaron a ter o control do partido con moita posesión de balón pero algo carentes de profundidade.

A ocasión máis clara dos branquiverdes a tivo Jorge, xa actuando como dianteiro tras o relevo de Tumbeiro por Izan, nun balón no que logrou superar a saída do meta Aimar pero o seu disparo, en posición moi escorada e sen ángulo, petou no lateral da rede.

Entretanto os locais apenas conseguían chegar ao área visitante e comezaban a aparecer os primeiros calambres nos seus xogadores. Ata o final o marcador non se movería dando paso á prórroga.

Na media hora de prolongación os de Luis Parada seguiron levando o peso do partido. Un balón ao longueiro de Samuel nun tiro lexano foi a mellor oportunidade valdeorresa antes de que Hugo Varela anotase o gol tras un primeiro remate de Jorge a pase de Iker. De ahí ata final os pabellonistas aguantaron ven en defensa para certificar o ascenso.

FICHA TÉCNICA

CD Rúa (0): Aimar, Borja, Diego Lora (Román, m.56), David, Anxo, Bebeto (Brais Vidal, m.74), Brais, Samuel, Jorge Lora (Miguel, m.61), Juanjo e Quini.

Pabellón CF (1): Bruno, Aldán, Viso (Manuel, m.35), Álvaro, Iván, Jorge (Martín, m.120), Pablo (Iker, m.99), Parrilla, Carid (Hugo Varela, m.46), Zack e Tumbeiro (Izan, m.73). 

Árbitro: González Castro, asistido nas bandas por Pérez Quintas e González Castelao (Comité Galego-Ourense). Expulsou a David (m.118) nos locais e amonestou a Álvaro (m.58), Tumbeiro (m.118) e Bruno (m.120) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.117: Hugo Varela.

Incidencias: Partido da eliminatoria final para o ascenso á Primeira Galicia. Campo Municipal Vicente Solarat na Rúa.

Éxtase no campo do Rúa co ascenso do Senior á Primeira Galicia