Éxtase final nos Remedios coa vitoria do Xuvenil A sobre o líder Celta B
O Pabellón apuntouse unha importante vitoria sobre o Celta B, líder da Liga Nacional Xuvenil, cun gol de penalti no desconto transformado por Aarón. O triunfo deixou tres puntos moi valiosos -suman 29- para manterse na loita por unha plaza de ascenso á División de Honra a falta dunha xornada para o final da primeira volta. Están a dous puntos do Choco e ao cinco dPontevedra.
O partido estivo moi competido e tivo fases de maior dominio visitante, especialmente ata a media hora de xogo e na que o Celta dispuxo de dúas boas ocasións en disparos de Hugo Burcio, que petou por encima do traveseiro, e de Hugo Busto respondendo cunha boa parada Bruno. No treito final da primeira metade as cousas igularíanse sen grandes oportunidades.
Segundo tempo
Na segunda metade os olívicos volveron a levar a iniciativa dende o principio pero sen levar moito perigo á meta ourensán. A medida que foron pasando os minutos os branquiverdes foron gañando terreo ata chegar a equilibrar o xogo. Os trocos contribuiron a que no cuarto de hora para o final os de David Carnero estivesen máis enteiros co rival.
Cando parecía que o partido camiñaba cara ao empate sen goles, Mauro Sabucedo, que debutaba nos pabellonistas foi derrubado no área señalando o colexiado a correspondente pena máxima cando se levabana disputados tres minutos do desconto. Aarón, que tamén había entrado dende o banquillo foi o encargado de transformar o penalti que acabaría facilitando a vitoria.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (1): Bruno, Carracedo, Juan Pablo, Langa, Manu (Mauro Sabucedo, m.70), Justino, Esteban, Dámaso (Mociño, m.75), Sergio (Unai, m.70), Saúl (Aarón, m.75) e Carlos (Fernando, m.63).
RC Celta "B" (0): Marcos, Noel González, Xabi Cidre (Noel Chaves, m.70), Xaquín Bieito, Pedro Arufe, Hugo Burcio, Ame-Eduardo (Hugo Fernández, m.60), Andrés Antañón, Miguel Conde (Ianis, m.85), Hugo Busto (Martín, m.70) e Nico Selvaggio (Alejandro García, m.60).
Árbitro: Fernández Otero, asistido nas bandas por Vázquez Álvarez e Quintana Couceiro (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Maniu (m.67), Mociño (m.87) e Carracedo (m.89).
Gol: 1-0, m.90: Aarón, de penalti.
Incidencias: Xornada dezasete da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense. Uns 300 espectadores nas bancadas.