Primeira Galicia

Excesivo castigo para o Senior

Derrota (1-3) do Pabellón na visita de o Peroxa ao campo Miguel Ángel-Os Remedios nun partido intrascendente para ambos conxuntos dentro da Primeira Galicia.

A derrota foi un excesivo castigo para un equipo foi de menos a máis despois de encaixar o primiro tanto aos cinco minutos nun remate de Dosi. As forzas estarían igualadas ata o final do primeiro tempo.

Na segunda metade os pabellonistas encaixaron aos catro minutos o segundo tanto en propia meta nunha desafortunada acción. Pese á adversidad o equipo conseguiría meterse de novo no partido cun tanto do xuvenil Pablo Díaz con media hora por diante para intentar sumar.

Iago Outeiriño, Caseiro e Sergio dispuxeron de sendas accións para empatar, pero cando o partido estaba nos instantes finais un novo gol en propia meta sentenciaría o choque co definitivo 1-3.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Bruno, Rober, Sergio, David (Marcos, m.64), Miguel Ángel (Juan Pablo, m.50), Langa, Unai, Cacha, Caseiro, Numan (Esteban, m.50), e Iago Outeiriño (Pablo Díaz, m.50).

A Peroxa CF (3): Miguel, Maside, Abel, Bruno, Martín, Dosi, David (Antón, m.87), Oliver, Marcos (Juanma, m.73), Noé (GFallego, m.78) e Álex (Iago, m.64).

Árbitro: Graña Rodríguez, asistido nas bandas por Cabano Docasar e Guzmán Falcón (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Juan Pablo (m.83) nos locais e a Maside (m.84) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.5: Dosi. 0-2, m.49: Miguel Ángel (pp). 1-2, m.61: Pablo Díaz. 1-3, m.90: Rober (pp).

Incidencias: Partido da xornada trinta es dúas da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.