El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

ALEVÍS

Firmaron outra boa xornada

P1990538

Os partidos da pasada fin de semana dos nosos catro conxuntos benxamís deixaron unha boa bagaxe con tres vitorias e unha derrota.

No Play Off da 1ª Autonómica o Pabellón CF tivo un duro rival na EDC Verín (3-2) no campo de Os Remedios. Os de Jesús Rivera atopáronse cun marcador en contra despois de anotar primeiro e antes do descanso os visitantes conseguirían empatar (2-2).

No segundo tempo o partido tivo moita emoción pola incertidume do marcador e nos últimos instantes chegaría o gol da vitoria local anotado por Yeray. Na primeira parte había marcado Hugo e Unai. O equipo segue ocupando a primeira praza na táboa cunha renda de seis puntos sobre a UD Ourense.

O Pabellón Promesas sumou os tres puntos no campo de San Cristóbal (1-2) diante do Ribeiro do Avia na cita do Torneo Ourense Alevín. Os de Juan Carballo souberon manexarse sobre unha irregular superficie e ao descanso mandaban no marcador co gol de José. No segundo tempo os locatarios chegarían a empatar pero un novo tanto de José resultaría definitivo. O equipo ocupa a primeira praza con 23 puntos.

Tivo que aplicarse o Pabellón "B" da 2ª Autonómica no campo de Sangoñedo para sacar adiante (3-5) un partido que se lle complicou e que acabaría resolvendo na segunda parte despois dunha primeira parte igualada, polo menos no marcador. Iker (2), Martín Álvarez, Mateo Dosantos e Fabio anotaron os tantos. Os de Antonio Parrilla ocupan a primeira praza do Play Off con 34 puntos.

Despois de aguantar moi ben a primeira metade sen que se movese o marcador, o Pabellón "C" acabaría cedendo ante o poder ofensivo da EDC Xinzo "B" (0-4) no campo de Os Remedios. Os de Xabi Pereira non lle perderon a cara ao partido en ningún momento. O equipo ocupa a sexta praza no Grupo 43º con 22 puntos.

Firmaron outra boa xornada