II Copa Ribaduma-Claes Viaxes Infantil

Presenza do club na "II Copa Ribadumia-Claes Viaxes" infantil que comeza o venres

Desde este venres e ata o domingo os campos de A Senra en Ribadumia, herba natural e sintético, acollerán a "II Copa Ribadumia-Claes Viaxes" de categoría infantil coa participación de 32 equipos entre os que foi invitado o Pabellón Club de Fútbol.

Os branquiverdes xogarán a primera fase no Grupo "B" onde terá como rivais a Getafe CF, ED Val Miñor, CD Laguna de Tenerife e CD Quirinal de Avilés.

O evento reune a un inetesante elenco de participantes con presenza extranxeira como son os casos do Oporto CF e Gil Vicente FC de Portugal, o Shelbourne CF de irlanda ou o Hispania FC Dubai dos Emiratos Árabes

A representación do Pabellón CF será a do Infantil A que milita na Liga Galega Infantil que acaba de rematar a competición conseguindo o ascenso á División de Honra, unha categoría de nova creación para a próxima tempada.

VER GRUPOS Y HORARIOS