El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

O equipo mantén un colchón de nove puntos na zona de ascenso

Senior-A Bola
Reparto de puntos (1-1) entre Pabellón CF e CD A Bola na cita da Terceira Galicia disputada no campo de Os Remedios. Numan fixo o gol que supoxo a igualada.

O conxunto pabellonista, con varias baixas importantes, soamente puido sumar un punto nun partido que se lle puxo costa arriba cando un gol en propia meta permitiu que os visitantes tomasen vantaxe no marcador a escasos minutos do final da primeira metade.

Na segunda as cousas perecían enderezarse cando aos oito minutos Numan establecía o empate. Con moito tempo diante os de Charli Álvarez intentaron completar a remontada diante dun rival que loita polos postos da promoción de ascenso. Ao final o marcador non se movería máis. Ficha técnica.

Despois deste empate, que eleva a cinco as xornadas que leva o equipo sen perder -todo o que vai de segunda volta-, a escuadra pabellonista ocupa a segunda praza cunha vantaxe de nove puntos sobre o quinto clasificado. Ver clasificación. A próxima fin de semana non haberá competición polos Carnavais e será o 1 de marzo cando visiten á UD Mugares no Amieiral de Alongos.

O equipo mantén un colchón de nove puntos na zona de ascenso