El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

1ª AUTONÓMICA XUVENIL-PLAY OFF

Empate sobre a bocina do Xuvenil "C" no Miraflores

Xuvenil C

Reparto de puntos nas instalacións do Colexio entre UD Ourense "B" e Pabellón "C" cun gol dos nosos no tempo de desconto da cita do Play Off da 1ª Autonómica Xuvenil.

Ao descanso o marcador (1-1) xa avisaba do que podía suceder ao final dos noventa minutos nunha primeira metade na que os locatarios tomarían vantaxe no ecuador desta fase e dez minutos máis tarde chegaría a igualada cun tanto en propia meta.

Novamente na metade do segundo acto os unionistas adiantaríanse no marcador ata que no tempo de desconto os de Marcial Gonzáles resctaría un punto co gol de Iago no desconto. Ver ficha técnica.

A falta dunha xornada para o final do Play Off o Arenteiro xa estaba ascendido dende a semana pasada  e o Velle clasificado para a fase de ascenso, restan por decidirse outros dos postos por loitar polo salto de categoría entre Antela, Santa Teresita e Chantada. Ver clasificación.

Copa Deputación
O Pabellón "C" terá este martes (17 horas) no campo de Os Remedios, unha importante cita contra o Arenteiro no partido único das semifinais da Copa Deputación.

Empate sobre a bocina do Xuvenil "C" no Miraflores