El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Sumou un punto con dez contra o Choco

P2010793
O Xuvenil A conseguiu un punto (2-2) nos últimos instantes do partido en Redondela que pechaba a primeira volta. No descanso os pabellonistas perdían 2-0. Iago Varela e Keko marcaron os goles.

Foi un punto moi traballado no campo de Santa Mariña na posto que ao descanso as cousas estaban moi difíciles co 2-0 para os locatarios. A primeira media hora foi fatal para os de Cándido Gómez ao encaixar os dous goles cun rival que estivo mellor.

O descando veulle de ben ao equipo saíndo moi metido na búsqueda dun gol que abrise o partido. A expulsión de Martínez por dobre tarxeta, a segunda por reclamar un claro penalti, foi un importante revés cando apenas transcurriran quince minutos. Parecía que o Choco non tería problemas para resolver o partido con dous tantos a favor e o Pabellón cun menos.

Pero Iago Varela anotaba o gol que necesitaban os pabellonistas con bastante tempo por diante para intentar sumar. O equipo creceuse e os locais comezaron a ceder.campo. Nos últimos minutos chegaría o gol de Keko como premio ao esforzo realizado polo equipo. Sete partidos leva o Pabellón sen perder. Ficha técnica.

Despois deste empate os branquiverdes son quintos. Ver clasificación. Na próxima xornada comezan a segunda volta en Lalín.

 

Sumou un punto con dez contra o Choco