El tiempo
sábado. 27.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

Os de Luis Parada están clasificados para a promoción de ascenso

Senior
Senior
O Pabellón senior impúxose ao Taboadela, líder do grupo, no campo de Os Remedios nun partido marcado polo intenso calor. Os de Luis Parada, xa clasificados desde hai unhas semanas para a promoción de ascenso a Primera Galicia, xogarán o próximo fin de semana o último enfrontamento da liga regular en Soutopenedo.

Durante a primeira media hora de xogo o Pabellón estivo mellor que o rival en nese tempo chegaría o gol de Álvaro. Nos últimos quince minutos desta fase foi o Taboadela que daría un paso adiante con asedio á portería local pero sen xerar perigo

Na segunda metade os visitantes sairon decididos a polo empate, tendo unha gran ocasión cun balón ao pao logo dun saque de esquina, creando moitos problemas no área pabellonista a balón parado en accións de estratexia. A partir do minuto trinta deste periodo o partido igualouse cos trocos introducidos polo técnico local.

Desconto longo

Incluso tivo unha ocasión para colocar o 2-0 no marcador, pero o porteiro visitante fixo unha boa parada. Logo, tocou sufrir ata o minuto 100, pero ao final os puntos quedaron na casa cumprindo o obxectivo de meterse na promoción de ascenso. O equipo ocupa o terceirio lugar na táboa clasificatoria.

Destacar polo Pabellón a todo o conxunto, pero en especial a Martín. O meta branquiverde fixo un gran partido con intervencións de moito mérito

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Martín, Aldán, Ron, Álvaro, Carid (Hugo Varela, m.74), Iván (Lucas, m.75), Antón, Dámaso (Javi Pataco, m.87), Jorge (Gabriel Outeiriño, m.78), Peke (Martín Bernardo, m.62) e Zack.

UP Taboadela (0): Miguel, Héctor (Iván, m.84), Mauro (Sergio, m.46), Marcos, Aarón, Joel, Rubén, Alexander, Jorge Menor, Tomás (Jonay, m.72) e Ethan (José Javier, m.46).

Árbitro: López Iglesias (Comité Gallego-Ourense). Amonestó a Jorge (m.70) en los locales y al entrenador Luis Parada (m.89) y al delegado Julio Casanova (m.70).

Goles: 1-0, m.16: Álvaro.

Incidencias: Partido da vixesimocuarta xornada do Grupo 2º da Segunda Galicia. Campo Municipal Miguel Ángel-Os Remedios.

Os de Luis Parada están clasificados para a promoción de ascenso