El tiempo
viernes. 03.05.2024
El tiempo

TEMPADA 2023-2024

Tres presentacións máis nesta semana

Para esta semana está programada a presentación de tres equipos máis da maquinaria branquiverde despois de que na pasada arrancaran Xuvenil "A", Senior e Cadete "A".

Deste xeito este luns no Cadete "B" que compite na Liga Galega, que este día non adestrará, os futbolistas están citados nos Remedios ás 19 horas, un equipo que estará dirixido por Cristian Rodriguez "Pancho".

Tamén este luns, ás 20 horas, están convocados os xogadores que iniciarán a pretempada co Xuvenil "B" que milita na Liga Galega.

Será baixo as órdes de Joel Docampo, que chega por primeira vez á entidade branquiverde como técnico despois de dirixir ao CD Santa Teresita da 1ª Galicia.

Xoves

O próximo xoves, ás 19 horas, será o turno para o Infantil Pabellón Promesas que estará na Liga Galega. O seu adestrador será Quique Serantes, que terá como axudante a Viti Blanco.

Tres presentacións máis nesta semana