Dous goles nun espazo de dous minutos, tumban ao Senior en Maside

O Pabellón segue sen puntuar a domicilio ao caer nesta ocasión no Outeiro Grande contra o Maside, co que ata ese momento figuraba empatado na táboa clasificatoria da Primeira Galicia con 5 puntos.

Nas tres saídas que levan os branquiverdes non foron capaces de puntuar e soamente anotaron un gol por nove encaixados. Transcurridas seis xornadas o equipo está fóra da zona de descenso.

Despois dun primeiro tempo ben controlado polos de Luis Parada, o descanso non lle veu ben ao equipo xa que prácticamente nos dez primeiros minutos de segunda metade foiselles o partido ao encaixar dous goles nun espazo de dosu minutos que foron determinantes para o desenlace do choque.

Luis Parada

O adestrador pabellonista explicaba que "Un erro individual nunha cesión ao noso porteiro e unha acción de centro mal defendida na segunda xogada acabaron coas nosas esperanzas en 2 minutos. Pronto puidemos recortar diferenzas e reincorporarnos ao partido pero un xogador deles sacou un remate fóra na liña de gol co porteiro xa batido".

 Luis Parada lemataba que "Foi un partido que tiñamos totalmente controlado pero que en dous minutos no inicio da segunda parte condenounos á derrota. O descanso foi mal para nós pero hai que seguir loitando e loitando porque fixemos méritos para non perder. Quedo coa moi boa primeira parte que fixemos ante un bo Maside", aseguraba o técnico.

FICHA TÉCNICA

Maside FC (2): David, Naym, Martín Vázquez, Juan (Botana, m.77), Manuel Bardelás (Sergio, m.80), Alejandro Bardelás (Rubén, m.82), Iván, Jhon, Martín Álvarez (Roi, m.69), Xosé Lois e Carracelas (Fernando, m.67).

Pabellón CF (0): Julián, Aldán (Miguel Ángel, m.67), Berni, Manuel, Sergio, Cacha (Caseiro, m.73), Machaca, Marcos (Antón, m.64), Numan, Pancho (Cristian, m.73) e Amills.

Árbitro: Prendes Cacabelos, asistido nas bandas por Pérez Prada e Alcázar González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Alejandro Bardelás (m.46), Martín Álvarez (m.63), Roi (m.71) e Juan (m.73) nos locais e a Cacha (m.20), Marcos (m.39), Berni (m.49) e Manuel (m.49) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.54: Martín Álvarez. 2-0, m.56: Martín Álvarez.

Incidencias: Partido da sexta xornada da Primeira Galicia.Grupo 4º. Campo Outeiro Grande en Maside.