Liga Nacional Xuvenil

Un dobrete de Sergio deixa tres sufridos e valiosos puntos para o Xuvenil A

Tres puntos máis para o Pabellón da Liga Nacional Xuvenil que o manteñen na segunda praza de ascenso ao ocupar a terceira posición do grupo detrás de Celta B e Pontevedra. O certo é que foi unha vitoria moi sufrida xa que o Val Miñor foi un gran rival que estivo mellor durante gran parte do partido.

Os pabellonistas nunca estiveron cómodos sobre o rectángulo de xogo dado o altísimo ritmo e presión que lle imprimiu a escadra de Nigrán. Os visitantes fixeron súa a parcela central do campo e tiveron a dúas primeira oportunidades para haberse adiantado.

Despois de modificar a disposición táctica no campo reforzando a línea media nos branquiverdes, os de David Carnero aproveitarían os seus mellores minutos na recta final da primeira metade para anotar os dous goles que lle deron unha boa vantaxe antes de marcharse ao descanso.

Ambas dianas foron anotadas por Sergio. O que abría o marcador foi no primeiro remate entre os tres paos dos pabellonistas nun testarazo do centrocampista local tras un centro dende a dereita a pé cambiado de Iago Outeiriño.

Tres minutos despois Sergio roubaba un balón nas proximidades do área rival e a trompicós consegui udisparar colocando o balón pegao ao pao da meta defendida por Roi facendo inútil a estirada do porteiro para situar o 2-0 co que se chegaría ao descanso.

Segundo tempo

Na volta de vestiarios o partido tivo o guión esperado. O Val Miñor saiu a polo gol que o metese no partido e mantivo o mesmo ritmo frenético dos primeiros corenta e cinco minutos. A súa insistencia tivo premio con tanto de Adrián, Quedaba prácticamente media hora de xogo e o Pabellón pasouno mal, pero por fortuna para os locais o marcador non se movería máis, 

Na fase final do encontro houbo unha man no área local de un atacante nigranés que invalidou unha xogada longa que acabaría como gol e posteriormente os visitantes reclamarían una man dos branquiverdes que o colexiado non estimou sancionable con penalti. Ao final os tres puntos quedaron na casa.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Bruno, Dámaso (Mociño, m.77), Langa (Unai, m.46), Juan Pablo, Manu, Iago Outeiriño, Carlos (Amills, m.61), Esteban, Sergio, Justino (Carracedo, m.83) e Mauro (Saúl, m.61).

ED Val Miñor (1): Roi, Rubén (Jaime, m.77), Mateo (Hugo, m.63), Rodri (Bruno, m.46), David, Adrián, Anxo, Iker, Dani (Fole, m.70), Manuel (Nico, m.46) e Marcos.

Árbitro: Cardoso Rodríguez (Colexio Galego-Ourense). Amonestou a Langa (m.40) e Carlos (m.54) nos locais e a Fole (m.88) nos visitantes. Tamén foi expulsado o meta suplente pontevdrés Hugo Yáñez con cartón vermello directo (m.89).

Goles: 1-0, m.36: Sergio. 2-0, m.39: Sergio. 2-1, m.66: Adrián.

Incidencias: Partido da undécima xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.