El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

COPAS DEPUTACIÓN-2ª ALEVÍN E BENXAMÍN

Dobre éxito copeiro nas fases finais do Monte da Aira

IMG_20190601_145911_006

O campo Monte da Aira en Velle acolleou a pasada fin de semana as fases finais das Copas Deputación de 2ª Autonómica tanto alevín coma benxamín na que os nosos equipos sairon campións.

Na categoría alevín o Pabellón "B" superaba na final á ED Ourense "B" (6-1) despois de desfacerse nas semifinais do Ourense CF "C" co mesmo marcador (6-1). Na outra semifinal houbo que recurrir aos penaltis despois do 3-3 entre EDO e CEDC Maceda.

A final benxamín estivo moito máis reñida e neste caso o Pabellón "B" facíase co título (2-1) tras superar á EDC Xinzo "B". Nas semifinais os nosos eliminaran á ED Promesas "B" (3-1) e o cadro limiao ao Ourense CF "C" (2-1).

Os dous conxuntos pabellonistas completaron o dobrete ao sumar os campionatos de Liga e Copa. Parabéns para xogadores e corpo técnico de ambos.

Dobre éxito copeiro nas fases finais do Monte da Aira