O Grupo 2º da Preferente Futgal Infantil (Sur), antiga Liga Galega na que estará o Pabellón Promesas, seguirá con dezaseis equipos para esta tempada 2024-2025, ao igual que na pasada campaña.
Deste xeito repiten participación: RC Celta "B", ACD A Seca, Pabellón Promesas, UD Ourense, ED Val Miñor "B", EDC Xinzo, CD Choco, Porriño Industrial CF, Arosa SC "B", Pontevedra CF, Colegio Hogar SR e Salgueiriños CF.
Como conscuencia do seu descenso da División de Honra aparece o EF Portero 2000 e tres novas incorporacións como campións por cada unha das delegación sur foron tres: Coruxo FC (Vigo), Caldas CF (Pontevedra) e CD Arenteiro (Ourense).
A competición comezará a fin de semana do 14 e 15 de setembro co mesmo sistema de competición que na pasada tempada, é dicir, o campión ascendería directamente á División de Honra mentres o 2º e 3º disputarán unha promoción de ascenso cos mesmos clasificados do Norte para unha praza de ascenso.
Perderán a categoría os tres últimos clasificados máis os arrastres que poidan afectar procedentes da División de Honra.