El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Derrota do Senior nos Remedios co líder (1-3)

P2010220
Derrota nos Remedios (1-3) do Pabellón CF contra o Outomuro CF, líder da Terceira Galicia, na última xornada da primeira volta. Santi marcou para os branquiverdes.

O conxunto visitante situose por diante no marcador a tres minutos do descanso e aos dez minutos da segunda metade conseguirían o segundo. Santi acortaría distancias para o 1-2 entrando partido nunha interesante fase na que o Outomuro, con dez pola expulsión dun xogador, pecharía o encontro co terceiro gol a seis minutos do final. Ficha técnica.

Os pabellonistas viron cortada a súa racha positiva despois de seis xornadas consecutivas sen perder. O equipo segue en zona de ascenso e o domingo comeza a segunda volta coa visita do Os Chaos nos Remedios. Ver clasificación.

Derrota do Senior nos Remedios co líder (1-3)