El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Derrota do Xuvenil A nun partido clave

Había moitas esperanzas postas na visita a un rival directo polo ascenso pero finalmente o Val Miñor fixo acabaría impoñéndose ao Pabellón con un marcador claro (3-0) no choque da Liga Nacional Xuvenil disputado en Condomínguez.

Os de Nigrán, que soamente acumulaban unha derrota no seu feudo, puxeron terra polo medio na primeira metade cos goles de Alves e Rodrigo.

Foi unha renda que souberon administrar na segunda metade e incluso pechar o partido cunha terceira diana a trece minutos do final obra de Jaime, que había entrado dende o banquillo, cando os pabellonistas buscaban un gol que os metese de cheo na confrontación.

Ademáis de sumar os tres puntos o Val Miñor fíxose co golaverage particular xa que os branquiverdes venceran na primeira volta (2-1) no campo Miguel Ángel-Remedios.

Situación

A falta de seis xornadas para a finalización da competición os de David Carnero, que acumulan tres partidos sen gañar, están a cinco puntos do Choco e a catro do Pontevedra, os dous counxuntos que ocupan a dúas posicións de ascenso. O Val Miñor tamén supera aos pabellonistas en tres puntos. No calendario ourensán figuran Celta B e Deportivo B como rivais, o que complica aínda máis as cousas.

Despois dos marcadores desta xornada o triunfo do Valladares no campo do Pontevedra meteu aos primeiros de cheo na loita polo ascendo. O conxunto de A Gándara suma 48 puntos e no seu calendario ten partidos directos co Choco e Val Miñor. Unha racha de sete partidos sen perder nos que fixo 17 de 21 puntos en xogo colocarono na terna polo salto á División de Honra.

Así está a clasificación a falta de seis xornadas

FICHA TÉCNICA

ED Val Miñor (3): Roi, Rodri, Marcos, Rubén, Adrián, Agustín (David Márquez, m.65), Iker, Rosas (Jaime, m.62), Alves (Bruno, m.65), Mateo (Anxo, m.76) e David Pérez.

Pabellón CF (0): Bruno, Dámaso, Juan Pablo, Manuel (Carracedo, m.56), Iago Outeiriño, Saúl, Esteban, Sergio (Mauro, m.75), Mociño (Justino, m.56), Fernando (Amills, m.56) e Carlos (Machaca, m.75).

Árbitro: Méndez López, asistido nas bandas por Zambrana Rodríguez e Pérez Rodríguez (Comité Galego-Lugo). Amonestou a Rosas (m.35) e Jaime (m.83) nos locais e a Manuel (m.51), Carracedo (m.69) e Juan Pablo (m.86) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.31: Alves. 2-0, m.41: Rodrigo. 3-0, m.77: Jaime.

Incidencias: Partido da xornada vinte e oito da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de Condomínguez en Nigrán.

Derrota do Xuvenil A nun partido clave