El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Duro revés do Xuvenil "A" na Madroa co Celta "B"

O Pabellón encaixou unha abultada derrota (6-0) no campo do Celta "B" na Liga Nacional Xuvenil, nun partido no que os branquiverdes agunataron o tipo durante os primeiros corenta e cinco minutos, que se completaron con un tanto do internacional rumano Ianis.

No arranque da segunda metade os vigueses puxeron terra polo medio no primeiro cuarto de hora. Un gol en propia meta e outras dúas dianas máis de Ianis e Alexandre Fraga puxeron o marcador nun claro 4-0.

Co partido totalmente decantado para os vigueses aínda chegarían dúa dianas máis en accións de Alexandre Fraga e Nacho Olivera. Na próxima xornada o Pabellón recibe a visita do Deportivo "B" no campo dos Remedios.

FICHA TÉCNICA

RC Celta "B" (6): Iván Pérez, Roi, Pedro (Dani Noya, m.54), Nacho Olivera, Andrés, Mario (Julián, m.61), Amet, Nico (Álex Villamor, m.54), Álexandre Fraga, Iago Barreiros (Miller, m.61) e Ianis (Brais, m.61). 

Pabellón CF (0): Abraham, Jorge, Bugallo, Simón, Unai (Álex Riveiro, m.46), Adrián (Tiago, m.52), Machaca, Soriano, Mauro, Cougil (Jesús, m.62) e David (Samuel, m.46) (Peke, m.75).

Árbitro: David Táboas Lagoa, asistido nas bandas por Abel González a Laura Fernández (Comité Galego-Vigo).

Goles: 1-0, m.7: Ianis. 2-0, m.47: Soriano (pp). 3-0, m.52: Alexandre Fraga. 4-0, m.59: Ianis. 5-0, m.64: Alexandre Fraga. 6-0, m.88: Nacho Olivera.

Incidencias: Partido da terceira xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º- Cidade Deportiva A Madroa en Vigo.

Duro revés do Xuvenil "A" na Madroa co Celta "B"